Aamir Khan
Aamir Khan | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 14 de marzo de 1965 |
Lugar de nacemento | Bombai |
Nacionalidade | India |
Relixión | Islam |
Alma máter | Bombay Scottish School, St. Anne's High School, Bandra e Narsee Monjee College of Commerce and Economics |
Ocupación | actor de cinema, director de cinema, produtor de cinema, guionista, presentador de televisión e produtor |
Pai | Tahir Hussain |
Cónxuxe | Kiran Rao e Reena Dutta |
Fillos | Ira Khan, Junaid Khan e Azad Rao Khan |
Irmáns | Faisal Khan, Nikhat Khan e Farhat Datta |
Premios | Padma Bhushan, Padma Shri in arts, CNN-News18 Indian of the Year e Filmfare Award for Best Director |
Na rede | |
http://www.aamirkhan.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Mohammed Aamir Hussain Khan (|ˈaːmɪr xaːn|), nado en Bombai o 14 de marzo de 1965, é un actor, director e produtor cinematográfico indio que traballa en filmes en hindi. Durante a súa carreira, Khan estableceuse como un dos actores indios máis populares e influentes.[1][2]
Khan recibiu numerosos premios, incluídos nove Filmfare Awards, catro National Film Awards e un AACTA Award, e unha das súas producións tamén recibiu unha candidatura ao Óscar. O goberno da India outorgoulle o Padma Shri en 2003 e o Padma Bhushan en 2010,[3] e recibiu un título honorífico do goberno da China en 2017.[4]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Khan apareceu por primeira vez na pantalla como actor infantil no filme do seu tío Nasir Hussain Yaadon Ki Baaraat (1973). Como adulto, a súa primeira longametraxe foi Holi (1984). Pasou a dedicarse á interpretación a tempo completo cun papel protagonista en Qayamat Se Qayamat Tak (1988). A súa interpretación en Raakh valeulle un National Film Award na categoría de mención especial. Converteuse nun actor destacado na década de 1990 ao aparecer en varios filmes de éxito comercial, incluídos Dil, Raja Hindustani e Sarfarosh.[5][6]
En 1999 fundou Aamir Khan Productions e a súa primeira produción, Lagaan (2001), foi candidata ao Óscar ao mellor filme en lingua non inglesa e recibiu para el o National Film Award ao mellor filme popular e dous premios Filmfare, mellor filme e mellor actor. Tras unha pausa de catro anos volveu a interpretar protagonistas, en particular en Fanaa e Rang De Basanti. Debutou como director con Taare Zameen Par (2007), polo que gañou os Filmfare Awards ao mellor filme e mellor director. Os maiores éxitos comerciais de Khan foron Ghajini, 3 Idiots, Dhoom 3, PK e Dangal, todos eles na listaxe dos filmes indios con maior éxito de público.[7] Khan gañou o seu terceiro Filmfare ao mellor actor por Dangal.[8]
Ten un gran seguimento global, especialmente na India e na China, e foi descrito por Newsweek como "a máis grande estrela do cinema"[9][10] do mundo.[11][12][13] Foi listado regularmente entre os 500 musulmáns máis influentes do mundo.[14][15] Khan é activista e cooperante,[16] e foi voceiro de varias causas sociais, algunhas das cales provocaron controversia política.[17] Tamén creou e presentou o programa de televisión Satyamev Jayate. O seu traballo como reformista social fíxoo aparecer na listaxe da revista Time das persoas máis influentes do mundo en 2013.[16]
Filmografía[editar | editar a fonte]
Ano | Título | Acreditado como | Notas | |
---|---|---|---|---|
Outro | Personaxe | |||
1973 | Yaadon Ki Baaraat | Young Ratan | Papel menor | |
1974 | Madhosh | Young Raj | Papel menor | |
1983 | Paranoia | Axudante de dirección | Descoñecido | Curtametraxe |
1984 | Manzil Manzil | Axudante de dirección | ||
Holi | Madan Sharma | |||
1988 | Qayamat Se Qayamat Tak | Axudante de guión | Raj | |
1989 | Raakh | Amir Hussein | ||
Love Love Love | Amit | |||
1990 | Awwal Number | Sunny | ||
Tum Mere Ho | Shiva | |||
Dil | Raja | |||
Deewana Mujh Sa Nahin | Ajay Sharma | |||
Jawani Zindabad | Shashi Sharma | |||
1991 | Afsana Pyaar Ka | Raj | ||
Dil Hai Ke Manta Nahin | Raghu Jetley | Remake non oficial de Chori Chori | ||
1992 | Isi Ka Naam Zindagi | Chotu | ||
Daulat Ki Jung | Rajesh Chaudhry | |||
Jo Jeeta Wohi Sikandar | Sanjaylal Sharma | |||
1993 | Pehla Nasha | El mesmo | Cameo | |
Parampara | Ranbir Prithvi Singh | |||
Damini | El mesmo | Cameo | ||
Hum Hain Rahi Pyar Ke | Guionista | Rahul Malhotra | ||
1994 | Andaz Apna Apna | Amar Manohar | ||
1995 | Baazi | Amar Damjee | ||
Aatank Hi Aatank | Rohan | |||
Rangeela | Munna | |||
Akele Hum Akele Tum | Rohit Kumar | |||
1996 | Raja Hindustani | Raja Hindustani | ||
1997 | Ishq | Raja Ahlawat | ||
1998 | Ghulam | Cantante de son pregravado | Siddharth Marathe | |
Earth | Dil Navaz | Filme canadense-indio, estreado na India como 1947: Earth | ||
1999 | Sarfarosh | Ajay Singh Rathod | ||
Mann | Dev Karan Singh | |||
2000 | Mela | Cantante de son pregravado | Kishan Pyare | |
2001 | Lagaan | Bhuvan | ||
Dil Chahta Hai | Akash Malhotra | |||
2004 | Madness in the Desert | El mesmo | Documental, tamén coñecido como Chale Chalo: The Lunacy of Film Making | |
2005 | Mangal Pandey: The Rising | Cantante de son pregravado | Mangal Pandey | |
2006 | Rang De Basanti | Cantante de son pregravado | Daljit "DJ" Singh/ Chandrashekhar Azad |
|
Fanaa | Rehan Qadri | |||
2007 | Taare Zameen Par | Director Cantante de son pregravado |
Ram Shankar Nikumbh | |
2008 | Jaane Tu... Ya Jaane Na | Produtor | ||
Ghajini | Coguionista | Sanjay Singhania | Remake do filme de 2005 Ghajini | |
2009 | Luck by Chance | El mesmo | Cameo | |
3 Idiots | Ranchhoddas "Rancho" Shamaldas Chanchad | |||
2010 | Peepli Live | Produtor | ||
Dhobi Ghat | Arun | |||
2011 | Big in Bollywood | El mesmo | Filme documental | |
Delhi Belly | Disco Fighter | Aparición especial na canción "I Hate You (Like I Love You)" | ||
2012 | Talaash: The Answer Lies Within | Surjan Singh Shekhawat | ||
2013 | Bombay Talkies | El mesmo | Aparición especial na canción "Apna Bombay Talkies" | |
Rubaru Roshni | El mesmo | Documental | ||
Dhoom 3 | Sahir Khan/Samar Khan | |||
2014 | PK | PK | ||
2015 | Dil Dhadakne Do | Pluto Mehra | Voz | |
2016 | Dangal | Cantante de son pregravado | Mahavir Singh Phogat | |
2017 | Secret Superstar | Shakti Kumar | ||
2018 | Thugs of Hindostan | Firangi Mallah | ||
2021 | Koi Jaane Na | — | Aparición especial na canción "Har Funn Maula" | |
2022 | Laal Singh Chaddha | Laal Singh Chaddha | ||
TBA | Mogul | Gulshan Kumar | Preprodución |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Readers' Picks: Top Bollywood Actors". Rediff. 17 de agosto de 2006. Consultado o 26 de xaneiro de 2010.
- ↑ "Powerlist: Top Bollywood Actors". Rediff. 8 de agosto de 2006. Consultado o 26 de xaneiro de 2010.
- ↑ "Padma Awards" (PDF). Ministry of Home Affairs, Government of India. 2015. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de outubro de 2017. Consultado o 21 de xullo de 2015.
- ↑ Aamir Khan: The Chinese heartthrob Arquivado 7 de novembro de 2017 en Wayback Machine., The Afternoon Despatch & Courier, 16 de maio de 2017
- ↑ Press Trust India (30 de novembro de 2000). "I become the audience". Rediff. Consultado o 26 de xaneiro de 2010.
- ↑ "The Aamir Khan Station". IBOS Network. Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2012. Consultado o 16 de xaneiro de 2009.
- ↑ "Dangal Box Office collection: Aamir Khan film surpasses PK in week 3, becomes highest grosser ever". InUth (en inglés). 8 de xaneiro de 2017. Consultado o 16 de xaneiro de 2017.
- ↑ "62nd Filmfare Awards 2017: Winners' list". The Times of India. 15 de xaneiro de 2017. Consultado o 15 de xaneiro de 2017.
- ↑ "Whoa! Aamir Khan Is 'World's Biggest Superstar'!". 13 de marzo de 2018.
- ↑ "Aamir Khan Is The Worlds Biggest Superstar Says A Trade Analyst!". 29 de marzo de 2018.
- ↑ "Aamir Khan is the biggest movie star on the planet—and a woke feminist, too". Newsweek. 19 de outubro de 2017.
- ↑ "Success By 'Secret Superstar' Could Give Aamir Khan The Title Of The World's Biggest Movie Star". Forbes. 3 de outubro de 2017.
- ↑ "Why Aamir Khan Is Arguably The World's Biggest Movie Star, Part 2". Forbes. 5 de outubro de 2017.
- ↑ "The Muslim 500: Aamir-Khan" (en inglés). Consultado o 14 de abril de 2020.
- ↑ "Times of India on 22 most influential Muslims in India" (en inglés). Consultado o 14 de abril de 2020.
- ↑ 16,0 16,1 Rahman, A. R. "The 2013 TIME 100: Aamir Khan". Time. Consultado o 18 de abril de 2013.
- ↑ "Donors – IPSMF | The Independent and Public-Spirited (IPS) Media Foundation" (en inglés). Consultado o 1 de febreiro de 2021.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aamir Khan ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Khubchandani, Lata (2002). Aamir Khan: Actor With a Difference. New Delhi: Rupa & Co. ISBN 978-81-291-0046-7.
- Daniels, Christina (2011). I'll Do it My Way: The Incredible Journey of Aamir Khan. New Delhi: Om Books International. ISBN 978-93-80069-22-7.
- Chandra, Pradeep (2014). Aamir Khan: Actor, Activist, Achiever. New Delhi: Niyogi Books. ISBN 978-93-83098-29-3.