A resurrección de F
A resurrección de F | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | ドラゴンボールZ 復活の「Fエフ」 Doragon Bōru Zetto: Fukkatsu no 'Efu' |
Director | Tadayoshi Yamamuro |
Produtor |
|
Guión | Akira Toriyama |
Baseado en | Dragon Ball de Akira Toriyama |
Música | Norihito Sumitomo |
Fotografía | Yosuke Motoki |
Montaxe | Shinichi Fukumitsu |
Estudio | Toei Animation |
Distribuidora | |
Estrea | 18 de abril de 2015[1] 17 de marzo de 2017 (tvG2) |
Duración | 94 minutos[2][3] |
Orixe | Xapón |
Xénero | Animación |
Orzamento | 5 millóns de dólares[4] |
Recadación | 7,9 billóns de iens[5] 64,8 millóns de dólares[6][7][8] |
Filme anterior | A batalla dos deuses |
Na rede | |
http://www.dragonball2015.com/ | |
A resurrección de F (ドラゴンボールZ 復活の「Fエフ」 Doragon Bōru Zetto: Fukkatsu no 'Efu'?) é un filme xaponés de animación de 2015, o 19ª filme baseado na serie de manga e anime Dragon Ball, e o 15ª da etapa Dragon Ball Z, que se estreou no Xapón o 18 de abril de 2015.
A resurrección de F é o segundo filme supervisado persoalmente polo creador da serie Akira Toriyama, despois de A batalla dos deuses en 2013. Ó igual que o filme anterior, está considerado unha parte oficial do argumento de Dragon Ball. O filme conta o regreso do malvado Freezer, así como o deus da destrución Beerus e Whis de A batalla dos deuses. Logo da súa resurrección grazas ás bólas do Dragón, Freezer empeza un adestramento intensivo por primeira vez na súa vida para acadar a vinganza sobre os guerreiros do espazo que o destruíron.
O filme recibiu valoracións positivas, especialmente da animación e das secuencias de acción, aínda que criticaron a súa historia formulada e mediocre adaptada para un público obxectivo específico sen un grande atractivo. A segunda historia arco de Dragon Ball Super, a nova serie de anime canónica da franquía Dragon Ball, conta de novo os eventos de A resurrección de F, aínda que foron engadidos e alterados algúns detalles, con escenas adicionais, subtramas e episodios estabelecidos antes dos eventos do filme para cubrir o arco de 13 episodios.
Foi estreado en galego o 19 de marzo de 2017 a través da tvG2.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "1st Key Visual For 2015 Dragon Ball Z Film Reveals Frieza". Anime News Network. 17 de novembro de 2014. Consultado o 17 de novembro de 2014.
- ↑ British Board of Film Classification, ed. (16 de setembro de 2015). "DRAGON BALL Z: RESURRECTION OF F [Japanese with English Subtitles] (12A)". Consultado o 17 de setembro de 2015.
- ↑ "ドラゴンボールZ 復活の「F」". Natalie (en xaponés). Consultado o 27 de marzo de 2015.
- ↑ Nancy Tartaglione and Anita Busch (19 de abril de 2015). Deadline Hollywood, ed. "‘Furious 7′ Drives To $1.15B Global; ‘Dragonball’ Big In Japan – Intl B.O. Update". (Penske Media Corporation). Consultado o 20 de abril de 2015.
- ↑ "『ドラゴンボール超ブロリー』ブルーレイ&DVDが6月5日(水)にリリース決定!" (en xaponés). navicon. 4 de marzo de 2019. Consultado o 9 de marzo de 2019.
- ↑ Box Office Mojo (ed.). "Dragon Ball Z: Fukkatsu No F". Consultado o 1 de xaneiro de 2016.
- ↑ Busch, Anita (21 de agosto de 2015). "‘Dragon Ball Z: Resurrection F’ Heads To Home Video After A $8.4M Final Gross – Update". Deadline Hollywood. Consultado o 21 de agosto de 2015.
- ↑ The Numbers (ed.). "Doragon bôru Z: Fukkatsu no 'F' (2015)". Consultado o 28 de xaneiro de 2016.
- ↑ "TVG2 estrena Dragon Ball Z: La Resurrección de F". misiontokyo.com. 17 de marzo de 2017. Consultado o 2 de marzo de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- A resurrección de F na IMDb (en inglés).
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)