A Cima de Vila, Caroi, Cerdedo-Cotobade
| A Cima de Vila | |
|---|---|
| Parroquia | Caroi |
| Concello | Cerdedo-Cotobade |
| Coordenadas | 42°28′53″N 8°24′33″O / 42.481304734179, -8.4090530585745 |
| Poboación | 12 hab. (2022) |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
A Cima de Vila é un lugar da parroquia de Caroi, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE no ano 2022 tiña 12 habitantes (6 homes e 6 mulleres).[1]
Toponimia
[editar | editar a fonte]O nome débese a que é o lugar situado a maior altitude da parroquia, a uns 650 metros de altitude. Así mesmo, é o lugar habitado máis oriental do concello.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Neste lugar hai dúas mámoas, a das Zacoteiras e a de Chan do Caveiro, dous túmulos megalíticos datados no neolítico.
Tamén se atopa o muíño da Cima de Vila, no río Almofrei, e a Neveira, xa no monte do Seixo, onde se aprisionaba a neve que, transportada en cabalarías, vendíase no porto de Marín.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Caroi
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Caroi, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade | |
|---|---|
|
A Bouza do Home | Bouzas | A Casola | A Cima de Vila | A Costa | O Coto | A Eirexe | Fraguas | A Graña | A Laxa | Medelo | O Porto |
Parroquias de Cerdedo-Cotobade
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 17 de febreiro de 2023.