Monte do Seixo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O monte do Seixo é un pico de 1707 metros de altitude situado no concello de Chandrexa de Queixa. Punto de intersección entre os Montes do Invernadeiro e a Serra do Fial das Corzas.

Parte da súa aba sur está integrada no Parque Natural dos Montes do Invernadeiro declarado como tal en 1995 e de acceso restrinxido. Como parte do Macizo Central ourensán, fica todo el integrado na zona especial de conservación da Rede Natura 2000. A parte máis alta está fóra do parque natural, non así do ZEC.

Rico en cuarcitas (composición que probablemente é o que lle da o seu nome), preside o val do río Ribeira Grande que discorre atravesando o circo glaciar de Guasenza ou Figueiro. Aínda quedan restos de pastizais naturais subalpinos e se poden atopar nardos e narcisos. Nos seus baixos cara o sur gabea un dos bosques máis antigos de Galicia con capudres, salgueiros, bidueiros, acivros, carballos e outras especies. Abeira comunidades faunísticas ben estruturadas propias da área eurosiberiana dende o lobo a aguia real pasando pola pardela, os corzos e os reintroducidos cervos. O invernos son moi fríos e a neve enfeita o seu cume ata ben entrado o mes de maio.

Existe unha rota a pe que vai dende este pico ata a Cabeza Grande de Manzaneda.