María del Monte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
María del Monte
María del Monte no 906º programa de Luar.
Nome completoMaría del Monte Tejado Algaba
Data nacemento26 de abril de 1962 e 27 de novembro de 1962
Nado enSevilla
Ocupacióncantante, presentadora, presentadora de televisión e LGTB
Instrumento(s)Voz
Tempo en activo1982 - actualidade
Na rede
IMDB: nm1835980 Instagram: mariadelmonte_oficial Musicbrainz: 9bcfd121-719f-4db8-99f0-cc3c60e83c86 Discogs: 1864070 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

María del Monte Tejado Algaba, nada en Sevilla o 26 de abril de 1962, é unha cantante española de sevillanas e de copla, así como presentadora de radio e televisión.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de Bibiana Algaba Barragán[1] (1925) e de Antonio Tejado Vargas († 2005), é a menor de cinco irmáns, e a única muller. Tras gañar o concurso televisivo Gente joven, onde a final celebrouse en Ceuta, editou o seu primeiro disco. O segundo, titulado Cántame sevillanas converteuse en pouco tempo nun éxito, conseguiu 3 discos de platino, o seu tema máis popular foi Cántame, este tema que fala sobre o camiño cara a El Rocío fixo que empezase a ser popular en España, especialmente enmarcada dentro do chamado "Boom das sevillanas". Co paso do tempo e con varios discos conseguiu gañarse ao público e é chamada "Raíña das sevillanas" por un dos seus discos con ese nome.

Ademais da súa actividade artística como cantante de sevillanas e no mundo da copla, María del Monte é presentadora de programas en radio e televisión. En 1993-1994 presenta Vamos juntos de Canal Sur Radio. En 1995 pasa a ser presentadora en televisión, onde traballa para a terceira cadea no espazo semanal Quédate con la copla. Colaborou nos programas Gente joven de TVE en 1982, Los debates de Hermida en Antena 3 (2000), e en El Show de Flo en laSexta. En TVE presenta La canción de mi querer, Esa copla me suena (1998), Especial Feria de Abril. En 2000 ficha por Canal Sur Televisión e presenta Cántame (2000), Contigo (ata a tempada 2002), galas de verán e Nochebuena flamenca (2003), en 2004 presenta o Especial de Noiteboa, un ano máis tarde traballa para Forta en Shalakabula. Posteriormente presenta as galas de primavera, así como o especial 10 anos de Rocío e o programa especial Rocío Jurado, un ano despois, tamén participou no programa concurso de TVE ¡Mira quién baila! en 2005, e presenta o seu popular magazine diario en Canal Sur Televisión: La tarde con María.

En 2012 participa na segunda edición do exitoso programa de Antena 3 Tu cara me suena.

En 2022 tivo importancia para a normalización LGTBIQ+ a súa intervención no pregón no Orgullo Gay en Sevilla.[2]

Televisión[editar | editar a fonte]

Radio[editar | editar a fonte]

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Cántame sevillanas (1988)
  • Besos de luna (1989)
  • Acompañame (1989)
  • Al Alba (1991)
  • Ahora (1991)
  • Con el Alma (1992)
  • Reina de las sevillanas (1993)
  • He Intentado Imaginar (1996)
  • Cartas de Amor (1998)
  • Digan lo que digan (1998)
  • De Siempre: Antología de las Sevillanas volumen I (1999)
  • El dolor del amor: Antología de las Sevillanas volumen II (2000)
  • Con otro aire (2002)
  • Cosas de la vida: Antología de las sevillanas Volumen III (2003)
  • Olé, Olé (2004)
  • Un Chaparrón (2005)
  • Cómo te echo de menos (2011)

Notas[editar | editar a fonte]