Grupo da Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa
Grupo da Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa Alliance of Liberals and Democrats for Europe | |
---|---|
Dirixentes e organización | |
Líder | Guy Verhofstadt (Bélxica) |
Historia | |
Fundación | 20 de xullo de 2004 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Liberalismo Socioliberalismo Liberalismo económico Europeísmo |
Posición política | Centro |
Representación | |
{{{escanos_título1}}} | 70 / 751 |
Outros datos | |
Na rede | |
alde.eu | |
O Grupo da Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa (abreviado como ALDE polo seu nome en inglés) é un grupo político do Parlamento Europeo composto por case todos os deputados do Partido da Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa e do Partido Demócrata Europeo, así como dalgúns de partidos non adscritos.
É o cuarto grupo en número de escanos na oitava lexislatura do Parlamento Europeo (2014-2019) e está considerado como a referencia liberal nas institucións europeas, tendo grupo no Consello de Europa (chamado ALDE-PACE), no Comité das Rexións da Unión Europea e na Asemblea Parlamentaria da OTAN.
Desde xullo de 2009 o presidente do Grupo da Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa é o belga Guy Verhofstadt, dos Liberais e Demócratas Flamengos, sucedendo ao inglés Graham Watson, dos Liberal Demócratas.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]O Grupo da Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa ten a súa orixe nas primeiras reunións da Asemblea Común da Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro, fundándose o Grupo de Liberais e afíns o 23 de xuño de 1953. A medida que a Asemblea se converteu en Parlamento, os gaullistas se separaron do grupo, e deuse entrada aos novos países da Unión Europea, e o grupo converteuse no Grupo Liberal, Democrático e Reformista o 13 de decembro de 1985, cambiando posteriormente a Grupo do Partido Europeo dos Liberais, Demócratas e Reformistas para coincidir co nome do partido europeo.[2]
Non foi ata o inicio da quinta lexislatura, o 20 de xullo de 2004, cando o Partido Europeo dos Liberais, Demócratas e Reformistas e o Partido Demócrata Europeo aliáronse no Parlamento Europeo para a creación do grupo político.[3] Nesta primeira lexislatura, onde contaron con 88 eurodeputados de 732 asentos, o grupo elixiu o inglés Graham Watson como presidente.[4]
Nesta citada primeira lexislatura o grupo fixou 10 obxectivos primordiais, entre os que figuraba a promoción da paz e a creación dunha federación europea, facer da UE un actor global, tanto na súa dimensión económica como política, democratizar as estruturas da Unión, garantir os dereitos fundamentais de todos os cidadáns europeos o promover a educación a todos os niveis, así como garantir plenamente o recoñecemento das rexións europeas e aumentar o seu poder.
Nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2009, o grupo obtivo 84 escanos, manténdose como a terceira forza política da Eurocámara. O voceiro e o liderado do grupo foi o exprimeiro ministro belga Guy Verhofstadt. O grupo mantivo a liña da súa anterior lexislatura, dando especial importancia ao afianzamento do mercado único e á ampliación dos dereitos fundamentais para a protección das minorías e en contra da discriminación, así como á loita polo recoñecemento en todos os estados membros dos matrimonios entre persoas do mesmo sexo celebrados nalgúns países.[5]
Na oitava lexislatura, tras uns resultados discretos nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2014 e a saída dos deputados do Partido Nacional Liberal de Romanía e do Fianna Fáil de Irlanda, o grupo decidiu abrirse a novos membros, como o Partido da Terra de Portugal, o ANO 2011 da República Checa e os españois Unión Progreso y Democracia e Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía,[6] creando problemas internos pola posición contra a independencia de Cataluña de ambas as formacións,[7] fronte á posición favorábel de Convergència Democràtica de Catalunya e Partido Nacionalista Vasco.[8] Finalmente, a situación resolveuse coa entrada de UPyD e C's e a creación dun subgrupo para falar de autogoberno para CDC e PNV.[9]
Presidentes do grupo
[editar | editar a fonte]2004 | 88 / 732 |
2009 | 100 / 785 |
2009 | 84 / 736 |
2014 | 82 / 764 |
2014 | 67 / 751 |
O Grupo da Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa tivo dous presidentes diferentes desde a súa fundación.[2]
Período | Nome | Estado | Partido político |
---|---|---|---|
2004-2009 | Graham Watson | Reino Unido | Liberal Demócratas |
2009- | Guy Verhofstadt | Bélxica | Liberais e Demócratas Flamengos |
Presidentes do Parlamento
[editar | editar a fonte]Desde a súa fundación, o 20 de xullo de 2004, o Grupo da Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa non lograron presidir o Parlamento Europeo, aínda que o seu grupo predecesor, o Grupo do Partido Europeo dos Liberais, Demócratas e Reformistas, tivo ese posto en catro períodos: de 1962 a 1964, co italiano Gaetano Martino; de 1973 a 1975, co neerlandés Cornelis Berkhouwer; de 1979 a 1981 coa francesa Simone Veil, e de 2002 a 2004, co irlandés Pat Cox.[10]
Organización
[editar | editar a fonte]O Grupo da Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa organízase a través da presidencia, a mesa e as reunións do grupo e a mesa.[11]
A presidencia
[editar | editar a fonte]A presidencia do grupo está formada polo presidente e oito vicepresidentes. Reúnese unha vez ao mes para planificar as actividades do grupo e preparar as decisións da mesa.[12]
A Presidencia | ||
Presidente | ||
---|---|---|
Nome | Estado | Partido político |
Hans van Baalen | Países Baixos | VVD |
Vicepresidentes | ||
Nome | Estado | Partido político |
Henrik Bach Mortensen | Dinamarca | Venstre |
Timmy Dooley | Irlanda | Fianna Fáil |
Fredrick Federley | Suecia | Centerpartiet |
Luis Garicano | España | Ciudadanos |
Ilhan Kyuchyuk MEP | Bulgaria | MRF |
Markus Löning | Alemaña | FDP |
Angelika Mlinar | Austria | NEOS |
Marta Pascal | España | CDC |
Baroness Ros Scott | Reino Unido | Liberal Demócratas |
A Mesa
[editar | editar a fonte]A Mesa é o órgano principal para a toma de decisións do grupo, e está integrada polos líderes de todas as delegacións nacionais. Encárgase de supervisar as estratexias políticas do grupo.[13]
Parlamento Europeo
[editar | editar a fonte]O Grupo da Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa é o sexto grupo por número de escanos na oitava lexislatura do Parlamento Europeo, sumando un total de 68 eurodeputados, que repesntan o 9,05 % da cámara, de 17 estados membros da Unión Europea.[14]
Deputados
[editar | editar a fonte]Nota: os datos comparativos son en relación á organización dos grupos á final do sétimo mandato do Parlamento Europeo, co Tratado de Lisboa xa en funcionaminto.
a O deputado forma parte do Partido Demócrata Europeo, pero o seu partido, non.
Mesa do Parlamento
[editar | editar a fonte]Para a presidencia do Parlamento, o grupo da Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa decidiu non presentar candidato e dar o seu apoio ao alemán Martin Schulz,[17] tras un acordo co grupo do Partido Popular Europeo e o grupo da Alianza Progresista de Socialistas e Demócratas.[18] Este acordo daría a presidencia, a finais de 2016, ao popular Manfred Weber ata a final da lexislatura.
Para os postos da mesa, o grupo logrou dúas vicepresidencias, unha para o finlandés Olli Rehn, do Partido do Centro, e outra para o alemán Alexander Graf Lambsdorff, do Partido Democrático Liberal.[19] Ademais, a inglesa Catherine Bearder, dos Liberal Demócratas, foi nomeada cuestora,[20] e tres deputados lograron presidir comisións parlamentarias.[21]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Grupo da Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa. "Guy Verhofstadt líder do Grupo ALDE, presidente da mesa de ALDE" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2010. Consultado o 24 de agosto de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 Europe Politique. "Historia do Grupo da Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa" (en francés).
- ↑ Phinnemore, David; McGowan, Lee (2013). El diccionario de la Unión Europea (PDF) (en inglés). Routledge. p. 227. ISBN 9781135081270.
- ↑ Parlamento Europeo. "Elecciones europeas de 2014".
- ↑ Partido Europeo de los Liberales, Demócratas y Reformista. "Manifiesto de ELDR para las Elecciones Europeas de 2009" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de agosto de 2017. Consultado o 24 de agosto de 2017.
- ↑ Agència Catalana de Notícies (30 de maio de 2014). "Verhofstadt se inclina por aceptar a UPyD y C's en el grupo liberal de la Eurocámara". Ara.
- ↑ Europa Press (23 de xuño de 2014). "C's trabajará para "desmontar la propaganda separatista" de CDC en Europa". La Vanguardia.
- ↑ Agència Catalana de Notícies (23 de xuño de 2014). "CDC negocia con el ALDE una declaración proconsulta para compensar la entrada de UPyD y C's". La Vanguardia.
- ↑ Agencia EFE (17 de xuño de 2014). "UPyD y Ciutadans entran en el grupo ALDE del PE pese a la oposición de CDC y PNV". La Información. Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2016. Consultado o 24 de agosto de 2017.
- ↑ Parlamento Europeo. "Anteriores presidentes do Parlamento Europeo" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2013. Consultado o 24 de agosto de 2017.
- ↑ Grupo da Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa. "Regras de procedemento do Grupo da Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de maio de 2014. Consultado o 24 de agosto de 2017.
- ↑ Grupo de la Alianza de los Liberales y Demócratas por Europa. "Presidencia ALDE: Presidente Guy Verhofstadt e 8 Vicepresidentes" (en inglés).
- ↑ Grupo de la Alianza de los Liberales y Demócratas por Europa. "Mesa ALDE: líderes de todas as Delegacións Nacionais" (en inglés).
- ↑ Grupo da Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa. "Lista de diputados ALDe: Membros do Parlamento Europeo (MPE) dos países da Unión" (en inglés).
- ↑ Grupo da Alianza dos Demócratas e Liberais por Europa (9 de xullo de 2014). "A eurodeputada romanesa Norica Nicolai reincorpórase ao Grupo ALDE" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2014. Consultado o 24 de agosto de 2017.
- ↑ Cosmin Ruscior. "C. P. Tăriceanu: Partidul Liberal Reformator are aproape 30 de parlamentari; vom adera la ALDE". Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2017. Consultado o 5 de setembro de 2017. (en romanés)
- ↑ Grupo de la Alianza de los Liberales y Demócratas por Europa (26 de xuño de 2014). "PPE, S&D e ALDE para formar unha maioría estábel no Parlamento Europeo para a próxima Comisión Europea" (en inglés).
- ↑ Agencia EFE (24 de xuño de 2014). "Conservadores y socialistas vuelven a repartirse la presidencia de la Eurocámara". Público (en español).
- ↑ Parlamento Europeo (1 de xullo de 2014). "Elegidos los 14 vicepresidentes del PE, entre ellos el español Ramón Luis Valcárcel" (en español).
- ↑ Parlamento Europeo (2 de xullo de 2014). "Elegidos los cinco cuestores del Parlamento Europeo" (en español).
- ↑ Parlamento Europeo (8 de xullo de 2014). "Presidentes e vicepresidentes electos dos Comités Parlamentarios" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2014. Consultado o 24 de agosto de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Partido da Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa
- Partido Demócrata Europeo
- Grupo do Partido Europeo dos Liberais, Demócratas e Reformistas
- Parlamento Europeo
- Grupos políticos do Parlamento Europeo