Área sanitaria de Pontevedra e O Salnés
A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés é unha das sete áreas sanitarias en que se divide o sistema público de saúde galego. Divídese en dous distritos sanitarios: a meirande parte do territorio ocúpao o Distrito sanitario de Pontevedra, salvo no noroeste da área, onde se atopa o Distrito sanitario do Salnés.[1]
O Distrito sanitario de Pontevedra abrangue os seguintes concellos da provincia de Pontevedra: Barro, Bueu, Caldas de Reis, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Cuntis, Forcarei, O Grove, A Lama, Marín, Meaño, Meis, Moraña, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra, Portas, Sanxenxo, Soutomaior e Vilaboa. Pola súa banda, o Distrito sanitario do Salnés esténdese polos concellos de Cambados, Catoira, A Illa de Arousa, Ribadumia, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.[2]
Os hospitais do Distrito sanitario de Pontevedra están integrados no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, que ofrece atención sanitaria a unha poboación de 218.792 cidadáns con tarxeta sanitaria.[3] O Distrito sanitario do Salnés conta pola súa banda co Hospital Público do Salnés, que dá servizo aos 73.238 cidadáns con tarxeta sanitaria do distrito.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Lei do DOG nº 68 do 2018/4/9 - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2021-03-20.
- ↑ "Decreto do DOG nº 150 do 2011/8/5 - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2021-03-20.
- ↑ "Busca de hospitais - Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde". www.sergas.gal. Consultado o 2021-03-20.
- ↑ "Busca de hospitais - Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde". www.sergas.gal. Consultado o 2021-03-20.