Colorimetría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A colorimetría é a ciencia que estuda as cores, caracterizándoas mediante números. Unha vez que están cuantificadas pódese operar con elas e deducir as características das cores obtidas mediante mesturas, así como atopar as cantidades que hai que mesturar de varias cores elixidas e consideradas como primarias para obter a cor desexada, sempre tendo en conta a maneira de percibilos polo ollo humano.

Instrumentos de medición[editar | editar a fonte]

Dúas curvas de reflexión espectral.

Esta ciencia emprega un instrumento constituído polos seguintes elementos:

  • Fonte de radiación (luz branca)
  • Sistema dispersivo (buracos de entrada e saída, e rede de difracción)
  • Detector (fototubo que transforma o sinal luminoso nun sinal eléctrico)
  • Sistema de medida da absorción, unha vez amplificada (conversor analóxico ou dixital).

Un dos instrumentos máis empregados é o modelo "Spectronic 20" deseñado en 1952 por Bausch - Lomb, e que con algúns perfeccionamentos séguese fabricando na actualidade.

Conceptos de colorimetría[editar | editar a fonte]

As normais son liñas de teñen a mesma temperatura de cor correlativa.

A colorimetría é cuantitativa, orientada ao físico, con medicións a través do espectro-radio, o colorímetro (que mide a cantidade de cores primarios) etc.

O efecto visual de calquera distribución espectral pode caracterizarse por tres termos diferentes:

  • Lonxitude de onda dominante: Enténdese por lonxitude de onda dominante á que corresponde o ton que vemos, aínda que a lonxitude de onda dominante dunha distribución real pode non ser aquela de maior amplitude. Algunhas cores, como o púrpura, non teñen lonxitude de onda dominante.
  • Pureza da excitación: Enténdese como pureza da excitación o radio da luz monocromática da lonxitude de onda dominante e a luz branca necesaria para producir a cor.
  • Luminancia: Refírese á enerxía total que é proporcional a integral do produto da distribución e a curva de resposta do ollo.

Se a luz é acromática (sen cor), o seu único atributo é a súa intensidade, ou cantidade. ( Luz acromática é o que se ve nunha televisión en branco e negro, de forma que se define unha escala de frises que vai dende o negro ao branco.

A luz cromática refírese a sensación visual da cor, abarca o espectro de enerxía electromagnética dende aproximadamente 400 a 700 nm (nanómetros).

Outros conceptos da cor[editar | editar a fonte]

Mestura aditiva da cor[editar | editar a fonte]

Cando sobre o noso ollo incide unha determinada radiación, sexa unha única frecuencia ou sexa un conxunto de varias frecuencias, decatámonos de algo que denominamos cor. Se modificamos a radiación, meténdolle unha ou varias frecuencias máis, acabamos de realizar unha mestura aditiva, pois sobre o ollo incide, ademais da primitiva radiación, as radiacións novas que lle engadimos con anterioridade. Como as luces se suman, este método recibe o nome de "Sistema Aditivo da cor". Deste modo, se sumamos fontes luminosas con diferentes lonxitudes de onda, podemos xerar moitas cores diferentes. Existen tres cores denominados primarios do sistema da mestura aditiva da cor que son o vermello, o verde e o azul; a razon pola que se empregan estas cores é que mesturándoos da maneira axeitada pódese obter unha gama de cores distintos máis ampla que para outras combinacións de cores.

Non é nada sinxelo especificar cal é o punto exacto que corresponde a cor vermella (R), verde (G) e azul (B), por isto, o C.I.E elixiu os seguintes valores:

Cor Lonxitude de Onda
Vermello 700 nm
Verde 546.1 nm
Azul 435.8

Mestura substrativa da cor[editar | editar a fonte]

Consiste en eliminar compoñentes espectrais da radiación para conseguir novas cores, por exemplo mediante o filtrado ou subtracción dalgunhas lonxitudes de onda e reflectindo outras. Este proceso, denominado sustracción, podúcese porque certas moléculas (chamadas pigmentos) absorben zonas particulares do espectro luminoso. Os pigmentos quédanse cunhas certas lonxitudes de onda, e unha mestura de dous tipos diferentes de pigmentos dará como resultado unha luz reflectida con menos lonxitudes de onda.

As tres cores primarias dos sistemas substrativos son o amarelo, o ciano e o maxenta, que son as cores complementarias dos sistemas aditivos. Mesturando as cantidades axeitadas destas tres cores podemos conseguir unha ampla gama de cores. Se os mesturamos en proporcións idénticas obteremos como resultado a cor negra.

Temperatura da cor[editar | editar a fonte]

A radiación luminosa pode ser provocada de moi diversas maneiras, pero en principio unha clasificación pode ser por fontes térmicas e por fontes non térmicas.

  • Fontes térmicas

Xeran unha radiación na que parte dela é captada polos sensores da pel, obténdose a sensación de calor. Estas radiacións encóntranse na zona do infravermello e a elas é sensible a pel, pero se o corpo se quenta a temperaturas moi altas, o seu espectro de radiacións expándese cara a zona superior e penetra na zona do espectro visible, activando aos sensores do ollo, o que sucede arredor dos 500 °C.

Denomínase corpo negro a aquel que absorbe tódalas radiacións, independentemente da lonxitude de onda que estas teñan, non reflectindo ningunha. Este mesmo corpo será un radiador integral, posto que todo o que el radie será xerado por el mesmo e nunca reflectido das radiacións externas a el.

A continuación danse temperaturas da cor dalgúns iluminantes

  • A continuación danse as temperaturas da cor (en Kelvin) dalgúns iluminantes amplamente coñecidos
Lámpada eléctrica de incandescencia 2400 K
Lámpada de atmosfera gaseosa 2700 K
Lúa 4100 K
Sol 5500 K
Luz diúrna, con sol e ceo claro 6000 K
Branco patrón (ceo nubrado) 6770 K
Lúa con ceo cuberto 6800 K
Ceo azul claro 25000 K