Tomar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaTomar
Imaxe

Localización
Mapa
 39°36′N 8°25′O / 39.6, -8.42Coordenadas: 39°36′N 8°25′O / 39.6, -8.42
EstadoPortugal
DistritosDistrito de Santarém Editar o valor em Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación40.677 (2011) Editar o valor em Wikidata (115,56 hab./km²)
Xeografía
Superficie352 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude342 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Día festivo
Identificador descritivo
Código postal2300-xxx Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Páxina webcm-tomar.pt Editar o valor em Wikidata

Tomar (en portugués arcaico Thomar), é unha cidade portuguesa con máis de 40.000 habitantes, pertencente ao Distrito de Santarém, rexión Centro e subrexión do Medio Texo. Pertencía aínda á antiga provincia do Ribatejo, hoxe porén sen significado político-administrativo.

O concello está limitado ao norte polo concello de Ferreira do Zêzere, ao leste por Abrantes, ao sur por Vila Nova da Barquinha, ao oeste por Torres Novas e a noroeste por Ourém.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A cidade está atravesada polo río Nabão, que é afluente do río Zêzere. Sitúase na talvez rexión máis fértil de Portugal e unha das máis férteis da Península Ibérica, a lezíria (mesopotamia) ribatexana.

Freguesías do concello[editar | editar a fonte]

As freguesías de Tomar son as seguintes:

Economía[editar | editar a fonte]

O turismo é hoxe unha actividade de primeira importancia, xa que o Convento de Cristo, principal monumento da cidade foi declarado Patrimonio Mundial pola UNESCO en 1983. É centro industrial, con fábricas de papel, derivados da madeira e outras; e comercial. A terra é fértil e produce froitas, aceite e viño

Patrimonio de interese cultural[editar | editar a fonte]

  • Castelo e Convento da Orde de Cristo: magnífico conxunto dos séculos XII a XVI. É o principal monumento da cidade e un dos máis importantes de Portugal. Declarado pola Unesco Patrimonio Mundial
  • Igrexa de Santa Maria do Olival: este templo gótico (século XIII) foi necrópole dos Cabaleiros Templarios.
  • Sinagoga de Tomar: Tomar posúe a sinagoga medieval mellor conservada de Portugal. Foi edificada a mediados do século XV e goza dun interesante interior con bóvedas góticas e interesantes capiteis clasicistas. É de salientar o sorprendente sistema acústico con ánforas invertidas incrustadas nas esquinas. Desde 1939 acolle o pequeno Museo Xudeu Abraão Zacuto, con pezas relativas á historia xudía en Portugal.
  • Igrexa de San Xoán Bautista (São João Baptista): a igrexa máis importante de Tomar érguese na praza principal da cidade, fronte ó Pazo Municipal (século XVII). A igrexa foi erguida entre os séculos XV e XVI, e mostra moi interesantes detalles artísticos, como o portal gótico flamíxero; a torre manuelina con sino do XVI, os capiteis historiados, e varios paneis pintados, en 1530, por un dos pintores portugueses renacentistas de maior calidade, Gregorio Lopes.
  • Capela de Nosa Señora da Concepción (Nossa Senhora da Conceição): contruída entre 1532 e 1540, en estilo renacentista puro, foi comezada por João de Castilho e rematada por Diogo de Torralva. Foi dedicada como capela funeraria do rei Xoán III.
  • Igrexa e Convento de Santa Iria: localizable preto do río Nabão, este conxunto do século XVI mostra unha fermosa portada e un altar renacentistas, así como detalles de estilo manuelino.

A parte antiga da cidade está organizada consonte un plano en dameiro, o que constitúe unha raraeza medieval (mais débese ter en conta que trazas semellantes se utilizaran pola mesma época no hispano reino de Valencia). O casco posúe interesantes casas con atractivas fachadas renacentistas, barrocas e románticas. O parque sito cerca da ponte sobre o río Nabão, ofrece pintorescas vistas da cidade e arredores.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]