Yelena Davidova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Yelena Victorovna Davidova (en ruso Еле́на Ви́кторовна Давы́дова), nado en Voronezh o 7 de agosto de 1961, é un ximnasta ruso. Competiu pola Unión Soviética e gañou a medalla de ouro na competición individual dos Xogos Olímpicos de Moscova 1980.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a facer ximnasia con 6 anos, no Club Spartak de Voronezh, despois de ver en televisión as fazañas de Larissa Petrik e Natalia Kuchinskaya, dúas campioas olímpicas soviéticas dos anos 60. En 1974 entrou a formar parte do equipo nacional júnior da URSS. En 1975 foi terceira nos campionatos júnior da URSS, gañando o ouro en salto e paralelas asimétricas. Grazas a isto entrou a formar parte do equipo nacional sénior. En 1976 foi segunda nos campionatos sénior da URSS gañando o ouro en paralelas asimétricas e a prata en chan.

Precisamente neste ano deuse a coñecer internacionalmente, durante a primeira edición da American Cup celebrada en Orlando (Estados Unidos). Alí asombrou a todos no seu exercicio de barra de equilibrios, ó facer un salto mortal cara a atrás que ninguén ata entón fixera. Acabou terceira nesa competición, que foi gañada pola romanesa Nadia Comaneci, unha ximnasta que Davidova admiraba moito.

Pese ás súas boas actuacións ese ano, Davidova non foi incluída no equipo soviético para os Xogos Olímpicos de Montreal 1976. A adestradora do equipo era a antiga campioa olímpica Larissa Latynina, quen defendía o estilo clásico de ximnasia, fronte ás novas tendencias de ximnastas pequenas e de gran potencia muscular que representaban Olga Korbut, Nadia Comaneci e a propia Davidova, e por iso non a incluíu.

En 1977 sufriu una lesión de xeonllo que a piques estivo de apartala da ximnasia. Pero consegíu recuperarse.

En 1978 gañou a Copa Cunichi, un prestixioso torneo internacional que se celebra cada ano en Xapón, e onde derrotou á alemá oriental Maxi Gnauck, unha das mellores ximnastas do mundo. Nos campionatos do mundo de 1978, celebrados en Estrasburgo (Francia) foi suplente do equipo soviético pero non chegou a competir.

Tampouco participou nos mundiais do ano seguinte que tiveron lugar en Fort Worth, Estados Unidos, aínda que neste caso debeuse a unha gripe. Si acudiu á Universíada de Ciudad de México de 1979, onde gañou por equipos coa URSS e foi terceira na competición individual.

{ORDENAR:Davidova, Yelena}}