Nadia Comăneci

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Nadia Comaneci")
Nadia Comăneci (á dereita).

Nadia Elena Comăneci, nada en Onesti o 12 de novembro de 1961, é unha ximnasta romanesa, gañadora de cinco medallas olímpicas e a primeira en conseguir un 10 en ximnasia nuns xogos olímpicos. Considerada unha das grandes atletas de todos os tempos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a competir en 1970 como integrante do equipo nacional de Romanía, adestrada por Bela Karolyi e a súa dona ata que foxen aos Estados Unidos. En 1975 Nadia consegue o seu primeiro éxito internacional nos Campionatos Europeos celebrados en Noruega, ao obter tres medallas de ouro e unha de prata.

Con 14 anos Nadia convértese na estrela indiscutible dos Xogos Olímpicos de 1976 celebrados en Montreal, Canadá, conseguiu sete veces dos xuíces a puntuación perfecta (10 de todos os xuíces) á súa volta a Romanía déuselle a distinción de Heroe Socialista do Traballo.

Nos Campionatos do Mundo de 1978 conseguiu o ouro en barra de equilibrios. En 1979 conseguiu o seu terceiro título europeo consecutivo, converténdose na primeira ximnasta en conseguilo.

Nos Xogos Olímpicos de 1980 en Moscova clasificouse segunda na final individual trala rusa Yelena Davidova, pero conseguiu outras dúas medallas de ouro. En 1981 puxo fin á súa carreira deportiva. En novembro de 1989 escapou aos Estados Unidos e non volveu ao seu país ata 1994.

En 2001 obtivo a cidadanía norteamericana e en 2003 publicou o seu primeiro libro Letters To A Young Gymnast