Xosé Manuel Maseda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXosé Manuel Maseda
Biografía
Nacemento1962 Editar o valor em Wikidata
Cedeira, España Editar o valor em Wikidata
Morte23 de decembro de 2020 Editar o valor em Wikidata (57/58 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte accidental Editar o valor em Wikidata (Accidente de tráfico Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorTelevisión de Galicia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Xosé Manuel Díaz Maseda, coñecido como Xosé Manuel Maseda, nado en Cedeira en 1962 e finado o 23 de decembro de 2020 en Santiago de Compostela, foi un xornalista de televisión galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi estudante de medicina na Universidade de Santiago de Compostela pero non chegou a rematar a carreira porque, con 23 anos, comezou a traballar na recentemente inaugurada Televisión de Galicia, na súa sección de informativos. Nela permaneceu toda a súa carreira profesional, onde foi editor e presentador dos telexornais[1]. Ocupou cargos na dirección de informativos durante os gobernos de Alberto Núñez Feijóo (redactor xefe de informativos entre 2009 e 2017 e coordinador de informativos entre 2017 e 2020)[2]. Graduouse en Dereito pola Universitat Oberta de Catalunya (UOC) no ano 2013.

O seu rostro quedou vinculado a algunhas das retransmisións en directo máis importantes da TVG, como as visitas de mandatarios estranxeiros, actos relixiosos, o accidente da ponte das Pías, ou grandes eventos políticos, como as investiduras dos presidentes da Xunta. Tamén ocupou postos de representación da TVG na FORTA.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Foi membro da Tuna Compostelana[2] e tocaba a guitarra.

Estivo casado con Sara Dobarro, política ferrolá, concelleira polo Partido Popular de Galicia en Ferrol. Tiveron dous fillos, Cristina (1988) e Santiago (1993). O matrimonio acabou nun xuízo por agresión á súa muller, se ben a condena foi anulada.[3].

Finou como consecuencia das feridas sufridas nun accidente de circulación na autoestrada AP-9, á altura de Vilamaior[2].

Notas[editar | editar a fonte]