Xohán Xabier Baldomir Cabanas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXohán Xabier Baldomir Cabanas
Biografía
Nacemento12 de xullo de 1983 Editar o valor em Wikidata (40 anos)
Tarrío, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade da Coruña - Filoloxía galega Editar o valor em Wikidata
Director de teseLuciano Rodríguez Gómez Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilólogo , profesor de ensino secundario , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Twitter: xohanxbaldomir LinkedIn: xohán-xabier-baldomir-cabanas-8505a56b Dialnet: 2158312 Editar o valor em Wikidata

Xohán Xabier Baldomir Cabanas, nado en Tarrío (Culleredo) o 12 de xullo de 1983, é un filólogo, docente e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Doutorouse en filoloxía galega en 2010 na Universidade da Coruña coa tese A Literatura Galega dos Séculos Escuros e do Prerrexurdimento, dirixida por Luciano Rodríguez Gómez. O seu traballo centrouse sobre todo no ensaio e na investigación, traballando sobre diversos temas como a teoría teatral, os Séculos Escuros ou O Xestal, entre outros.

En novembro de 2013 creou o Xornal Galdeporte, unha publicación periódica e dixital sobre actualidade deportiva que pretendía achegar unha pequena contribución á normalización da lingua galega. Porén, o diario desapareceu de forma temperá en xaneiro de 2014.[1]

Entre os anos 2014 e 2015 exerceu unha breve pero intensa carreira política. Formou parte do partido Piratas de Galicia e chegou a exercer como relacións públicas e Community manager da dita formación, da cal dimitiu tras rexeitar o cargo de coordinador confederal debido a discrepancias cun sector do partido. Tamén foi un dos membros fundadores de ACUDE Culleredo e dentro da súa dinámica chegou a ser cabeza de lista dunha frustrada candidatura ás municipais de 2015 polo Partido da Terra.[2]

Antes diso, militara e fora elixido membro da 1.ª Coordinadora da Marea Veciñal de Culleredo, se ben dimitiu ás poucas semanas. Igualmente, foi membro militante da CIG.

Obra[editar | editar a fonte]

Monografías
Poesía
  • Breve poemario de Don Anónimo, 2013, Málaga, Editorial Seleer (98 páxinas), ISBN: 978-8494159152

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Adeus, Xornal Galdeporte". Xornalgaldeporte (en inglés). Consultado o 2024-04-27. 
  2. "Ocho partidos se presentan en Culleredo a las próximas Municipales". La voz de Galicia. Consultado o 26 de abril de 2024. 
  3. "O Xestal: as risas esquecidas". Culturagalega. Consultado o 27 de abril de 2024. 
  4. "Carballo despide a mellor Praza dos Libros dos últimos tempos". www.lavozdegalicia.es. Consultado o 2024-04-27. 
  5. "«O Ano do Xestal é un soño, estáselle dando unha dignidade moi merecida»". www.lavozdegalicia.es. Consultado o 2024-04-27. 
  6. "O Xestal, unha estrela no firmamento da cultura popular galega". G24. Consultado o 2024-04-27.