Piratas de Galicia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Piratas de Galicia (PIRATA.GAL) | |
|---|---|
![]() |
|
| Partido político de España con ámbito galego | |
| Fundación | 26 de decembro de 2011 |
| Ideoloxía | Terceira Onda |
| Filiación internacional | Internacional Pirata |
| Páxina web | PiratasDeGalicia.org |
Piratas de Galicia (de siglas PIRATA.GAL) é un partido político español con ámbito en Galicia, herdeiro da ideoloxía do Partido Pirata de Suecia que procura a reforma das leis de propiedade intelectual e industrial, a inclusión da democracia directa no sistema político e a defensa dos dereitos humanos dentro e fora da rede [1].
Índice |
Historia[editar]
O partido fundouse en decembro de 2011 e admítese oficialmente no Rexistro de Partidos Políticos do Ministerio do Interior de España o 26 de xaneiro de 2012 [2].
Preséntase por primeira vez ás Eleccións ao Parlamento de Galicia 2012, nas circunscricións de Ourense e Pontevedra, acadando 336 votos na primeira (0,18%) e 1.215 na segunda (0,24%)[3].
Notas[editar]
- ↑ "Estatutos de Piratas de Galicia". http://piratasdegalicia.org/web/estatutos.
- ↑ "Rexistro de Piratas de Galicia no Ministerio do Interior de España". https://servicio.mir.es/nfrontal/webpartido_politico/partido_politicoDatos.html?nmformacion=4724.
- ↑ "Diario Oficial de Galicia: Resultados nas eleccións 2012 ao Parlamento de Galicia". http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20121107/AnuncioG2453-061112-1_gl.html.
