Xoán (emperador)
| Suxeriuse que este artigo ou apartado sexa fusionado con "Xoán Primicerius" (conversa). Para realizar a fusión dos artigos sigue estes pasos. |
Xoán ou Ioannes foi un usurpador romano, tras a morte de Honorio, e que tomou o trono que lle correspondía a Valentiniano III. Foi emperador entre os anos 423 ao 425.
Traxectoria [editar]
Honorio morre en Ravena en agosto do 423 de hidropisía, e o herdeiro do Imperio de Occidente era Teodosio II, emperador da parte oriental do Imperio. Pero a nova da morte, cando chega a Constantinopla, no se fai publica e este baleiro de poder é aproveitado por Xoannes ou Xoán para se proclamar emperador.
Foi nomeado por Castino, o magister militum de Honorio, e Xoán era até entón o primicenius notariorum, isto é, o notario maior. Tamén foi apoiado por Aetium ou Aecio, fillo do que fora magister militum Gaudentius.
Despois da súa aclamación en Roma, Xoán leva a corte a Ravena, onde recibe o recoñecemento da Galia, Hispania e Italia, pero non así de África, onde o comes Bonifacio, quen controlaba aquelas provincias, retén o gran con destino a Italia.
Pero o mais grande problema de Xoán era o recoñecemento por parte de Teodosio II. A nai de Valentiniano III, Gala Placidia, atopábase en Constantinopla xunto co seu fillo para presionar o emperador oriental Teodosio II, para que nomease o seu fillo como emperador, xa que era o único descendente vivo do finado Honorio. Pero namentres trataba este recoñecemento, Teodosio nomea a Valentiniano coma César e despois como Coaugustus, o que lle indicou a Xoán que a guerra era inevitábel. A finais do 424, envía a Aecio para negociar unha axuda militar cos hunos.
Pero no 425, e mentres Aecio estaba na súa misión, un exército imperial abandona Tesalonica baixo o mando de Ardabur coa misión de entroncar a Valentiniano III como emperador do Oeste. Pronto se fan con Aquileia, onde fan o seu campamento base para as operacións militares que estaban por vir. Ningunha delas foi definitiva, pero Ardabur foi feito prisioneiro e levado a Ravena. Pero tratárono ben, esperando Xoán deste xeito trocar a vontade do emperador Teodosio II.
Pero neste cativerio, Ardabur convence os oficiais de se pasar ao bando imperial, e entregan Ravena e a Xoán, quen é levado a Aquileia, onde primeiro foi mutilado e despois executado. Mentres tanto, Aecio viña con unha forza dos hunos, pero ao atoparse coa morte de Xoán, licénciaos pagándolles en ouro e recoñece a Valentiniano III como augustus, sendo el nomeado comes do Imperio.
| Imperio Romano | ||
|---|---|---|
Segue a: Honorio |
Xoán (emperador) | Precede a: Valentiniano III |
| Imperio do Occidente | ||