Hipódromo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O hipódromo (do grego hippos "cabalo", e dromos "carreira") é un recinto pechado, bastante maior en tamaño ca un campo de fútbol.
O interior ten, no perímetro, chanzos a modo de asento para os espectadores. O centro está formado de terra ou herba e dispón nel dun óvalo bordeando os chanzos que forman a pista. Na pista dispútanse carreiras de cabalos.
Normalmente, as pistas de terra son para carreiras de trotadores, mentres que as de herba son para carreiras de cabalos pura raza.
No recinto, a xente que entra a ver as carreiras ten a posibilidade de facer apostas.
En Galicia existe o hipódromo de Antela, dentro do Centro Ecuestre de Antela. Mide 1400 metros de longo e 20 de ancho.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado co deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados co deporte que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
