Xabier González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXabier González
Biografía
Nacemento26 de marzo de 1958 Editar o valor em Wikidata
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Morte28 de abril de 2023 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Galeguista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

Francisco Javier González Sotelo, coñecido como Xabier González, nado en Ourense o 26 de marzo de 1958 e finado na mesma cidade o 26 de abril de 2023,[1] foi un escritor e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Participou na refundación do Partido Galeguista en 1978, sendo elixido membro do Consello Nacional e da Executiva local de Ourense, da que foi Secretario. Participou no proceso de creación de Coalición Galega, pero opúxose á disolución do Partido Galeguista cando a coalición decidiu converterse en partido. Liderou a oposición á disolución do Partido Galeguista o que provocou que o Secretario Xeral, Xosé Henrique Rodríguez Peña, promovese un expediente disciplinario que finalizou coa súa expulsión.

Xunto a outros opositores á disolución do Partido Galeguista como Ramón Martínez López e Manuel Beiras García, promoveu a convocatoria do V Congreso do Partido Galeguista que deu lugar ao Partido Galeguista Nacionalista, con Xesús Manuel Suárez García como Secretario Xeral e no que foi elixido Vicesecretario Xeral Responsable de Política Exterior.

Asinante do pacto electoral que conformou a Plataforma Galeguista e da Esquerda Unida, coa que o PGN concorreu ás eleccións xerais de 1986, nas que se presentou como candidato ao Senado pola provincia de Ourense.

En 1988 volveu á actividade política a instancias de Ramón Martínez López para formar parte da Executiva Nacional do Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista; sendo un dos redactores do “Manifesto Nacionalista do 5 de Decembro de 1988” que conformou a base ideolóxica desta alianza. Cando a fins de 1990 o Secretario Xeral, Xosé Henrique Rodríguez promove a integración do PNG-PG no Bloque Nacionalista Galego, Xabier González volveu opoñerse á integración e, de novo, foi expedientado e expulsado. Esta situación rompeu a alianza do Partido Galeguista co Partido Nacionalista Galego e o 6 de novembro de 1990, o PG volveu recuperar a súa soberanía. En decembro de 1990 celebrouse o VII Congreso do PG en Santiago de Compostela, resultando elixido Presidente do Consello Nacional. O PG, por primeira vez, participou en solitario nunha contenda electoral: as eleccións municipais de 1991.

Redactor do manifesto “Galeguismo, a Identidade”, presentado o 5 de decembro de 2003, que marcou a volta á actividade política do Partido Galeguista; no VIII Congreso, celebrado en Pontevedra en novembro do 2004 foi elixido Presidente do PG.

O 12 de xuño de 2006 o Consello Galeguista aprobou a “Proposta Galeguista de III Estatuto de Galicia”, que presentou con Manuel Soto Ferreiro o 28 de xuño de 2006 ante a Comisión do Parlamento Galego para o Debate e Reforma do Estatuto de Galicia.

Foi director das compañías Kéltike Teatro (Amoeiro), Taller Experimental de Teatro (O Carballiño), Orballo Teatro (1990-1992) e coordinador do Festival do Teatro Galego (O Carballiño, 1991 e 1992).

Obras[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • El efecto doppler, 1999.
  • Escritos da Nación Proibida, 2001
  • Corsario de ciudad, 2002
  • Mudayyan, 2005.

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Nas corredoiras do íntimo estronicio, 1985.
  • Juegos de olvido, 2001.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • La memoria de los triángulos, 2004.
  • Sensibilidades oro, 2005.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Botón de Ouro da Asociación Fillos de Ourense de Caracas, 2003.
  • Membro Honorario da Asociación de Escritores de Mérida (Venezuela).

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]