Wolfram Alpha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Wolfram Alpha
Wolfram Alpha logo.svg
ABT.pdf
Fundación 18 de maio de 2009
Matriz Wolfram Research
Localización Estados Unidos de América Estados Unidos
Fundador Stephen Wolfram
Industria Internet
Produtos Motor matemático
Páxina web wolframalpha.com

Wolfram Alpha é un motor computacional desenvolvido por Wolfram Research. Wolfram é un servizo en liña que atopa respostas concretas baseadas en cálculos numéricos e información gardada en bases de datos, non en páxinas web ou documentos ligados.

Wolfram Alpha baséase na plataforma computacional Mathematica, escrita polo científico británico Stephen Wolfram en 1988.

Visión xeral[editar | editar a fonte]

Wofram ofrece respostas concretas a preguntas feitas como as faría un humano. A páxina traballa como o faría unha pesquisa baseada en datos, sen traballar con datos semánticos. Wolfram pode responder a preguntas en inglés como "Cando naceu Obama?". A páxina dá a data como resposta en diversos formatos.

Tamén pode responder a preguntas como "Que idade tiña Picasso o 13 de xaneiro de 1945?":

age of picasso 1945 january 13

dando como respota: "63 years 2 months 19 days" (63 anos, 2 meses e 19 días).

Código QR co enderezo URL da Wikipedia en galego.

Wolfram Alpha tamén pode xerar códigos QR:

qr code http://gl.wikipedia.org/wiki/Portada

Cálculos matemáticos[editar | editar a fonte]

Wolfram inclúe parte das posibilidades matemáticas de Mathematica. O programa informático no que se basea o seu deseño.

Wolfram Alpha está escrito en 15 millóns de liñas de código de Mathematica (empregando webMathematica e gridMathematica) o código execútase en 10.000 CPU (aínda que o número está a medrar dende o lanzamento).

Wolfram Alpha é quen de resolver cálculos matemáticos con integrais, derivadas, ecuacións, operacións con matrices, trigonometría ou representacións gráficas de funcións.

A páxina ten un servizo Pro de pago por subscrición que permite facer operacións con táboas, imaxes, son, XML e ducias de formatos científicos especializados, formatos médicos, matemáticos e de análise automático.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]