Código QR
O código QR (en inglés, quick response code, «código de resposta rápida») é un código bidimensional deseñado para o uso no sector do automóbil pola compañía xaponesa Denso Wave, subsidiaria de Toyota, en 1994. Os códigos QR empréganse durante a fabricación para o seguimentos dos compoñentes. O sistema estase a facer moi popular pola facilidade para incluír máis información que os códigos de barras unidimensionais. O código está formado por puntos negros cadrados dispostos nun cadrado sobre fondo branco. Os tres cadrados das esquinas son para fixar a posición dos datos. O código pode almacenar datos numéricos, alfanuméricos, bytes/bits, Kanji/Kana e empregando extensións practicamente calquera tipo de datos.
Índice |
Normas [editar]
O estándar xaponés para códigos QR (JIS X 0510) foi publicado en xaneiro de 1998 e o estándar internacional ISO (ISO/IEC18004) foi aprobado en xuño de 2000. Está en uso dende o 1 de setembro de 2006 - ISO/IEC 18004:2006 Tecnoloxía da información - Identificación automática e técnicas de captura de datos - Código QR 2005 simboloxía especificacións.
O código QR é aberto a diferenza doutros bidimensionais como o BIDI, os dereitos de patente son propiedade de Denso Wave pero están liberados e non son limitados.
Lectura [editar]
| Capacidade de datos do código QR | |
|---|---|
| Só numérico | Máximo 7.089 caracteres |
| Alfanumérico | Máximo 4.296 caracteres |
| Binario | Máximo 2.953 bytes |
| Kanji/Kana | Máximo 1.817 caracteres |
| Capacidade de corrección de erros | |
|---|---|
| Nivel L | 7% dos datos pódense restaurar |
| Nivel M | 15% dos datos pódense restaurar |
| Nivel Q | 25% dos datos pódense restaurar |
| Nivel H | 30% dos datos pódense restaurar |
