William Ernest Henley

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaWilliam Ernest Henley

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento23 de agosto de 1849 Editar o valor em Wikidata
Gloucester Editar o valor em Wikidata
Morte11 de xullo de 1903 Editar o valor em Wikidata (53 anos)
Woking (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Tuberculose Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda Editar o valor em Wikidata
EducaciónThe Crypt School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , editor literario , xornalista , poeta , crítico literario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
FillosMargaret Henley Editar o valor em Wikidata
IrmánsE. J. Henley (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: 154fc6d5-b5a9-4c54-8c10-25a119d15be7 Discogs: 768100 IMSLP: Category:Henley,_William_Ernest WikiTree: Henley-242 Find a Grave: 36343240 Editar o valor em Wikidata

William Ernest Henley, nado en Gloucester o 23 de agosto de 1849 e finado en Woking o 11 de xullo de 1903, foi un poeta inglés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi o máis vello de seis irmáns,cinco rapaces e unha rapaza. O seu pai, Willian, foi libreiro e morreu no 1868. A súa nai, Mary Morgan, foi descendente do poeta e crítico Joseph Warton. Dende 1861 ata 1867 Henley foi alumno na Crypt Grammar School (fundada en 1539). Á idade de 12 anos, Henley sufriu tuberculose o que finalmente resultou na amputación da súa perna esquerda.

En 1867 Henley pasou a Oxford Local Schools Examinations e enseguida trasladouse a Londres onde intentou establecerse como xornalista. Con todo, o seu traballo durante os seguintes oito anos foi interrompido por longos períodos no hospital por causa de que o seu pé esquerdo tamén estaba enfermo. Diagnosticaron que a única forma de salvar a súa vida era amputando, poñéndose baixo os coidados do cirurxián pioneiro Joseph Lister (1827-1912) na Enfermería de Edimburgo. Despois de tres anos no hospital (1873-75), Henley foi dado de alta. O tratamento de Lister non foi completamente efectivo mais permiteulle a Henley levar unha vida relativamente normal durante os seguintes 30 anos. O seu amigo, Robert Louis Stevenson, baseou a personaxe Long John Silver da súa obra "A Illa do Tesouro", en Henley.

Despois da súa recuperación gañouse a vida con publicacións. En 1889 fíxose editor do Scots Observer, un xornal de Edimburgo na liña do vello Saturday Review mais inspirado en cada parágrafo pola personalidade de Henley. En 1891 foi transferido ó National Observer en Londres no cal foi editor xefe ata o 1893.

Henley morreu á idade de 53 anos e foi soterrado en Cockayne Hatley igual que a súa filla. Máis adiante soterraron á súa muller no mesmo sitio.

Obra[editar | editar a fonte]

O seu traballo mellor lembrado é o poema "Invictus", escrito no 1875. Dise que foi escrito para mostra-la súa resistencia fronte á amputación do seu pé.

No 1890, Henley publicou Views and Reviews, un volume cheo de notables críticas. En 1892, publicou un segundo volume de poesía , chamado despois do primeiro poema, "Canción da Espada", mais rebautizado como "London Voluntaries" despois da segunda edición (1893). No 1892, Henley publicou, xunto a Stevenson, tres obras de teatro: "Beau Austin" (1884), "Deacon Brodie" (1880) e "Admiral Guinea" (1884). O poema de Henley, "Macaire", foi publicado nun volume xunto ás outras obras de teatro. "Deacon Brodie" foi producido en Edimburgo en 1884 e máis tarde en Londres.

O poema de Henley, "Pro Rege Nostro", fíxose popular durante a primeira guerra mundial polo seu verso patriótico o cal contén o seguinte refrán:

"What have I done for you, England, my England?
What is there I would not do, England my own?"