William Baer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaWilliam Baer
Biografía
Nacemento29 de decembro de 1948 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Geneva, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Nova York
Universidade de Carolina do Sur
Universidade do Sur de California
Universidade Rutgers (pt) Traducir
USC School of Cinematic Arts (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webwilliambaer.net Editar o valor em Wikidata

William Baer, nado o 29 de decembro de 1948 en Geneva, Nova York, é un escritor, editor, tradutor de portugués a inglés, e académico estadounidense. Recibiu unha bolsa Guggenheim, unha bolsa Fulbright para desenvolver en Portugal e unha bolsa de escritura creativa da National Endowment for the Arts.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación[editar | editar a fonte]

Foi criado no Bronx e en Wayne, Nova Jersey. Despois de se licenciar cun B.A. en Inglés na Universidade Rutgers, recibiu un máster na Universidade de Nova York. Realizou a súa tese de doutoramento na Universidade de Carolina do Sur baixo a dirección de James Dickey, antes de asistir aos Johns Hopkins Writing Seminars de David St. John e John Barth, onde obtivo un máster en Escritura Creativa. Tamén se graduou na Facultade de Artes Cinematográficas da Universidade de Carolina do Sur cun máster en Cine, recibindo o Premio Jack Nicholson de guión.

Actividade literaria[editar | editar a fonte]

Baer é autor de seis libros de poesía, entre eles The Unfortunates, gañador do Premio de Poesía T. S. Eliot (da TSU), "Borges" and Other Sonnets[1], e "Bocage" and Other Sonnets, gañador do X. J. Kennedy Poetry Prize. Outros seus libros inclúen traducións do portugués (como Luís de Camões; Selected Sonnets), o libro de texto Writing Metrical Poetry, e cinco coleccións de entrevistas, incluíndo Classic American Films: Conversations with the Screenwriters. En 2015 publicáronse dúas coleccións da súa ficción curta: Times Square and Other Stories e One-and-Twenty Tales. Máis recentemente, publicou dúas novelas: Companion e New Jersey Noir.

Publicacións periódicas[editar | editar a fonte]

En 1989, William Baer foi o editor fundador de The Formalist, unha pequena revista de poesía que tivo un papel importante no renacemento da poesía formalista (New Formalism)[2]. Tamén foi editor de poesía e crítico de cine na revista Crisis. É o director fundador do St. Robert Southwell Institute, e anteriormente foi director de The Evansville Review, da University of Evansville Press, editor colaborador de Measure, e director fundador de The Evansville Review, de Richard Wilbur Poetry Series, do Howard Nemerov Sonnet Award[3], e do Willis Barnstone Translation Prize.

En 1995, William Baer recibiu unha bolsa de escritura creativa da NEA en ficción, e os seus contos foron publicados en revistas como The Iowa Review, Kansas Quarterly, The Chariton Review e The Dalhousie Review.

Teatro[editar | editar a fonte]

As obras de William Baer foron producidas en máis de trinta teatros estadounidenses, entre eles o Chicago Dramatists e o Metropolitan Playhouse of New York. Un drama recente, Three Generations of Imbeciles, recibiu o premio New Works of Merit Playwriting Award[4] e foi elixido para os rexionais do Festival de Teatro American College de Kennedy Center de 2013[5].

Premios[editar | editar a fonte]

  • AACT NewPlayFest Award, 2015
  • New Works of Merit Playwriting Award, 2011
  • Guggenheim Fellowship, 2007
  • X.J. Kennedy Poetry Prize, 2007
  • Melvin M. Peterson Chair in Literature, 2006
  • James H. Wilson Playwriting Award, 1999
  • T.S. Eliot Poetry Prize, 1997
  • N.E.A. Creative Writing Fellowship in Fiction, 1995
  • Jack Nicholson Screenwriting Award, 1986
  • Fulbright Lectureship in American Literature, Portugal, 1981

Escolma de libros[editar | editar a fonte]

  • New Jersey Noir, Able Muse Press, 2018
  • Companion, James Ward Kirk Publishing, 2017
  • Thirteen on Form: Conversas with Poets, Measure Press, 2016
  • Love Sonnets, Kelsay Books, 2016
  • Times Square and Other Stories, Able Muse Press, 2015
  • One-and-Twenty Tales, Mockingbird Lane Press, 2015
  • Psalter, Truman State University Press, 2011
  • "Bocage" and Other Sonnets, Texas Review Press, 2008
  • Classic American Films: Conversations with the Screenwriters, Praeger, 2007
  • Rhyming Poems: A Contemporary Anthology, University of Evansville Press, 2007
  • The Ballad Rode into Town, Turning Point, 2007
  • Writing Metrical Poetry, Writer's Digest Books, 2006, Measure Press, 2015
  • The Conservative Poets, University of Evansville Press, 2006
  • Luís de Camões: Selected Sonnets, University of Chicago Press, 2005
  • Sonnets: 150 Sonnets, University of Evansville Press, 2005
  • Fourteen on Form: Conversations with Poets, University Press of Mississippi, 2004
  • "Borges" and Other Sonnets, Truman State University Press, 2003
  • Elia Kazan: Entrevistas, University Press of Mississippi, 2000
  • The Amistad Case, Eldridge Publishing, 1998
  • The Unfortunates, Truman State University Press, 1997
  • Conversas con Derek Walcott, University Press of Mississippi, 1996

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Jeffrey Hart, "Morning Star," National Review, 28 de xuño de 2004
  2. Paul Galloway, "A New Journal Asserts," Chicago Tribune, 23 de marzo de 1990
  3. "14 by 14: So You Want to Win a Nemerov?". www.14by14.com. Consultado o 2022-07-10. 
  4. "NewWorksOfMeritPlaywritingContest". NewWorksOfMeritPlaywritingContest (en inglés). Consultado o 2022-07-10. 
  5. Simakis, rea; Dealer, The Plain (2013-01-07). "Cuyahoga Community College's Western Campus Theatre Department to perform play at regional festival". cleveland (en inglés). Consultado o 2022-07-10. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]