Wikipedia:Preguntas máis frecuentes
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "
Wikipedia:FAQ")
Preguntas máis frecuentes sobre a Wikipedia
|
|
Esta é unha lista das preguntas máis frecuentes que os usuarios novos poden ter sobre como usar e contribuír na Wikipedia. Se a túa dúbida non está respondida nestas páxinas de axuda, podes deixar unha mensaxe na sección "axuda" da Taberna.
[editar] Como creo unha páxina nova?
- Non é necesario ter unha conta rexistrada na Wikipedia para crear un artigo. Non obstante, é recomendable facela dado que achega algúns beneficios, descritos na páxina Wikipedia:Como rexistrarse.
- Para crear un novo artigo, bótalle unha ollada ás recomendacións expostas en Wikipedia:Como crear unha páxina.
[editar] Por que borrastes o meu artigo?
- O mellor xeito de atopar o motivo é mirando o rexistro de borrados (escribe o nome exacto do artigo na caixa "Título:", con distinción entre maiúsculas e minúsculas).
[editar] Como troco o nome dun artigo?
- Para trasladar o artigo, usa o botón "mover". Cómpre ter unha conta de usuario rexistrada de máis de catro días con polo menos dez edicións. Se aínda non es un usuario autoconfirmado, o traslado pode traer controversias ou a páxina que desexas renomear está protexida, solicítao en Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Problemas varios.
[editar] Como cambio o meu nome de usuario ou borro a miña conta?
- Para cambiar o teu nome de usuario realiza unha solicitude en Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Renomear usuarios.
- Os nomes de usuario non se poden borrar. Podes, no entanto, solicitar un cambio de nome e que as túas páxinas de usuario e mais de conversa sexan borradas incluíndo o marcador {{Lixo}} en ambas.
[editar] Cando se publicou a Wikipedia por vez última?
- A Wikipedia non é unha enciclopedia en papel. A base de datos en liña actualízase cada vez que un editor modifica unha páxina, polo que está en constante renovación.
[editar] Quen escribiu o artigo X na Wikipedia?
- Case todos os artigos presentes na Wikipedia están escritos por varios editores, e non simplemente un só. Premendo na lapela "historial" que atoparás na parte superior de calquera artigo, irás parar ata unha lista de todos os colaboradores que construíron o artigo. Se tes intención de unirte a eles, podes botar un ollo antes á páxina Wikipedia:Como comezar a colaborar.
[editar] A quen pertence a Wikipedia?
- Véxase Wikipedia:Preguntas máis frecuentes/Xeral#A quen pertence a Wikipedia? para obter máis detalles.
[editar] Por que hai problemas co acceso ao sistema?
- Véxase Wikipedia:Como rexistrarse#Como acceder ao sistema para obter máis detalles.
[editar] Hai dispoñibles contadores de estatísticas?
- Existe un sitio, non mantido por Wikipedia, que permite ollar as visitas ás páxinas desde decembro de 2007. As listas das páxinas máis visitadas están dispoñibles aquí.
|