Wikipedia:A Taberna (técnica)/Arquivo 10
Este é un arquivo da sección A Taberna (técnica) da Taberna |
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados. Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual. |
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18 |
---|
Tamaño dos artigos
[editar a fonte]Na lista das wikis by sample of articles, clasifícanse estes en stubs (menos de 10k), articles (entre 10 e 30k) e long articles (máis de 30k). Como se pode saber o tamaño dunha páxina concreta? Saúdos.--Xosé Antonio (fálame sempre) 14:23, 2 de xaneiro de 2012 (UTC)
- No historial de revisións da páxina en concreto, ao carón do nome de usuario que fixo cada edición, tes o tamaño da páxina en cada revisión. Por exemplo, esta páxina despois da túa edición tiña 31.557 bytes, que agora aumentarán en canto garde este comentario. Sinxelo, non? --Toliño Fala aquí comigo 14:25, 2 de xaneiro de 2012 (UTC)
- Pois si, se me fixara un pouco antes de preguntar... Graciñas--Xosé Antonio (fálame sempre) 19:03, 2 de xaneiro de 2012 (UTC)
- Outro truco para coñecer o tamaño dun artigo é poñer o seu nome na caixa de procura e pulsar o botón de Procurar. Na lista de resultados os artigos saen co tamaño e co número de palabras que contén. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:55, 13 de xaneiro de 2012 (UTC)
Language support group for Galician
[editar a fonte]The Wikimedia Foundation has brought together a new team of developers who are dedicated to language support. This team is to support all the languages and consequently it is not realistic to expect that the team members can provide proper support for your language. It is for this reason that we are looking for volunteers who will make up a language support team.
This language support team will be asked to provide us with information about their language. Such information may need to be provided either to us or on a website that we will indicate to you. Another activity will be to test software that will likely have an effect on the running of the MediaWiki software. We are looking for people who clearly identify their ability. Formal knowledge is definitely appreciated.
As much of the activity will be concentrated on translatewiki.net, it will be a plus when team members know how to localise at translatewiki.net.
Thanks, Gmeijssen 13:12, 16 de xaneiro de 2012 (UTC)
Notas a pe de páxina
[editar a fonte]Ás veces, cando estás redactando un artigo fas referencia a unha nota a pe de páxina que xa existe. Eu fago a referencia como de fose unha nova. Hai algunha maneira que se referencie á nota xa existente, é dicir, que non se engada un novo número senón que dirixa á nota previa? Dígoo porque nalgúns artigos observei que algunhas referencias van seguidas por letras [a],[b]... Ten isto algo que ver co que pregunto? Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 18:55, 19 de xaneiro de 2012 (UTC)
- Tes que lle poñer nome a nota e despois chamar a ese nome. Explícome cun exemplo:
- O código sería:
O cabalo de Santiago era branco<ref name=EDE>Enciclopedia do Evidente.</ref> e, a máis diso, tiña catro patas.<ref name=EDE/>
- --. HombreDHojalata.conversa 19:58, 19 de xaneiro de 2012 (UTC)
- Eche ben doado, xa o fixen no artigo da simetría. Unha vez máis, moitas grazas HombreDHojalata. --Xosé Antonio (fálame sempre) 20:59, 19 de xaneiro de 2012 (UTC)
Campo en modelo parroquia
[editar a fonte]Ata o de agora non foi necesario un campo para mapas de situación no modelo {{Parroquia}} porque hai poucas parroquias que teñan foto e mapa. Vendo as mudanzas que fixo un usuario nas parroquias de {{Lousame}} quizais haxa que pensar en engadilo como no modelo {{Concello}} (coa diferenza de que o campo sea condicional, xa que nos concellos temos mapas para todos e nas parroquias non). Entre outros motivos porque substituír un mapa por outro, se é mellor, non é un problema pero mudar unha fotografía boa por un mapa non está claro que sexa un bo procedemento. Con máis campos como en {{Concello}} achegaríamos máis información e non habería que ter que andar facendo e desfacendo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 09:41, 9 de marzo de 2012 (UTC)
Ligazóns rotas e ligazóns mortas
[editar a fonte]Un dos scripts de pywikipedia permite comprobar todas as ligazóns externas, paseino varias veces e xa teño unha lista con moitas ligazóns rotas ou mortas. Unha das opcións dese script é que o bot avise na páxina de conversa de cada entrada que teña ligazóns externas con problemas, pode ser útil para eliminalas máis rapidamente ou para marcalas co modelo {{ligazón morta}} se están nas referencias. Esta mensaxe é para preguntarvos se credes conveniente que active eses avisos en Prebot o bot que se encarga diso. (Nota: non comprobei a opción á espera de que fora aceptada, polo tanto non podo confirmar neste momento que funcione. En caso de que non funcionara ou o funcionamento fora incorrecto desactivaríaa inmediatamente aínda que fose aceptada a posta en marcha). Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:53, 5 de abril de 2012 (UTC)
- Eu penso que pode estar ben, pode ser que axude a facer limpeza. Por probalo por unha tempada tampouco pasará nada, ¿non?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21:53, 5 de abril de 2012 (UTC)
- Adiante! --. HombreDHojalata.conversa 07:00, 6 de abril de 2012 (UTC)
- A idea paréceme excelente, desde logo, aínda que non acabo de entender a diferenza entre rota e morta, salvo quizais que a rota está pendente de confirmar se está morta. Ben, fóra do nome e entendido que en calquera caso aparecen co marcador ó lado (a idea de incluílo na páxina de conversa tampouco sobraría), o único problema que atopo é o traballiño que supón comprobar a morte e buscar outra web ou texto impreso que conteña tal referencia, coa incerteza de saber canto tempo durará "viva". Isto representa un esforzo de revisión e comprobación moi duro, moi monótono e que vai ir en detrimento da creación de artigos. É necesario facelo, por suposto, e haberá que combinar o esforzo, pero... entre iso, comprobar erros, resolver ligazóns a homónimos e agora revisar artigos sen referencias desde hai anos, hai meses que non fago nada novo. E xa lle teño ganas. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 12:39, 6 de abril de 2012 (UTC)
- Adiante! --. HombreDHojalata.conversa 07:00, 6 de abril de 2012 (UTC)
- Quizais me trabuquei coa escolla do nome ligazón morta porque crea confusión. En galego ligazón rota ten uso pero ligazón morta non semella moi común, escollín morta (a semellanza do inglés en:Template:dead link) para indicar que esa ligazón externa desapareceu definitivamente (por exemplo: todas as ligazóns externas dirixidas cara ao Xornal de Galicia desapareceron definitivamente porque nin sitio web quedou, evidentemente na versión en papel segue existindo aquilo que se referenciaba se falamos das referencias). Todas estas tarefas de mantemento son importantes para mellorar a calidade pero se van "queimar" aos colaboradores haberá que repensalas. Hai que pasarlle aos bots todo o que se poida, nos homónimos os bots tamén teñen un script que aforra tempo nalgúns casos noutros non, porque ou ben non existe a opción correcta na páxina de homónimos ou en artigos especializados cómpre ler parte ou todo o artigo para ter claro a que se refire. Naturalmente o proxecto necesita de novos contidos, Lameiro se tes ganas de facelo é mellor que te poñas xa a iso e deixes parcial ou totalmente durante un tempo o mantemento deste tipo porque de seguro vai ser mellor para ao progreso deste proxecto. Un cordial saúdo. --Prevertgl 13:07, 6 de abril de 2012 (UTC)
erro na páxina Guerra Civil Española
[editar a fonte]Hai un erro nas etiquetas ao final desta páxina:
http://gl.wikipedia.org/wiki/Guerra_Civil_Española
Erro no código da cita: As etiquetas ref existen, pero non se atopou ningunha etiqueta references --Nemigo (conversa) 02:03, 29 de xuño de 2012 (UTC)
- Corrixido. Había unhas etiquetas
<ref>
soltas despois da sección "Notas". --Toliño Fala aquí comigo 09:59, 29 de xuño de 2012 (UTC)
Pasar vídeos a formato .ogg ou .ogv
[editar a fonte]Despois de turrar durante uns días, conseguín subir o meu primeiro vídeo á Galipedia. Atopei na web un conversor moi fácil de usar mesmo para os que non temos moita idea de formatos. Ofrece a posibilidade dunha conversión automática ou personalizada, establecendo uns certos parámetros. Está feito por un uruguaio e está en castelán. Pódese descargar nesta web:
http://www.fedaro.info/2009/02/18/conversor-a-ogg-para-las-xo-del-plan-ceibal/
Espero que lle resulte útil a alguén. Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 13:41, 26 de xullo de 2012 (UTC)