W. H. M. Lowe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

William Henry Muir Lowe, nado na India o 20 de outubro de 1861 e finado en Londres o 7 de febreiro de 1944, foi un militar británico.

De 1900 a 1902 estivo destinado no que hoxe é Sudáfrica co grao de Teniente-Coronel, comandando un rexemento británico na Guerra Anglo-Bóer. Ascendido a Brigadier na Primeira Guerra Mundial, liderou as tropas británicas que combateron aos rebeldes irlandeses no Alzamento de Pascua de 1916 e foi o encargado de recibir a rendición incondicional dos sublevados.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]