Voo 011 de Avianca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 011 de Avianca
O avión do accidente.
Resumo
Data  27 de novembro de 1983
Causa  impacto controlado
contra o terreo
Lugar  Mejorada del Campo,
Comunidade de Madrid
Coordenadas  Coordenadas: 40°24′12″N 3°26′57″O / 40.403333333333, -3.4491666666667
Finados  181
Feridos  8
Aeronave
Tipo de aeronave Boeing 747-283B
Operador  Avianca
Rexistro  HK-2910X
Pasaxeiros  169
Tripulación  23
Superviventes  11

O voo 011 de Avianca era un voo internacional regular entre Frankfurt e Bogotá con escalas en París, Madrid e Caracas. O día 27 de novembro de 1983 o Boeing 747-283B que cubría o voo, con rexistro HK-2910X,[1] esnafrouse antes de aterrar no Aeroporto de Madrid-Barajas.

O segmento entre Frankfurt e París dese día fora cancelado por Avianca. Como resultado, os pasaxeiros que tiñan que embarcar no voo 011 en Frankfurt realizaron a viaxe a París nun avión de Lufthansa. Debido a que tiveron que agardar por eses pasaxeiros, a saída de París atrasouse. Ás 23:31 o aparello comezou a descender cara ao Aeroporto de Madrid-Barajas. Durante o descenso o avión golpeou un outeiro, despois un segundo, e finalmente esnafrouse contra o chan desintegrándose.[2] Os seus 19 tripulantes, así como 162 dos 173 pasaxeiros morreron.[1] A causa do accidente foi un erro do piloto ao determinar incorrectamente a posición do avión.[1] A día de hoxe o voo 011 de Avianca é o segundo peor accidente aéreo en España, tras o accidente de Los Rodeos.[3] Avianca segue operando o voo 011, sendo un voo diario entre Madid e Bogotá operado por un Boeing 787–8.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Aviation Safety Network (ed.). "Descrición do accidente". Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2011. Consultado o 29 de xaneiro de 2017. 
  2. The New York Times (ed.). "176 Are Believed Killed in Crash Of 747 Jet Near Madrid's Airport: Airliner Crashes Near Madrid". Consultado o 29 de xaneiro de 2017. 
  3. The New York Times (ed.). "Death Toll in the Crash of 747 Jet Near Madrid Airport Rises to 183". Consultado o 29 de xaneiro de 2017.