Bama, Touro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bama
Concello Touro
Área - km²
Poboación (Ano 2004) 335 hab.
Densidade - hab./km²
Entidades de poboación 11

San Vicenzo de Bama é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Touro na comarca de Arzúa. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 335 habitantes (174 homes e 161 mulleres) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando contaba con 355 habitantes.

Índice

[editar] Situación

Bama é unha das parroquias de Touro mellor comunicadas, pois dista de Compostela uns 10-15 minutos. Lémbrese que dende Bama chégase a Arca (N-547 Santiago-Lugo) en 5 minutos e que esta estrada vai morrer á autovía A-54. Ten tamén por conseguinte o aeroporto moi preto (10 minutos).

[editar] Festas

Caben destacar as festas patroais de San Vicenzo (a fin de semana máis próxima ao 22 de xaneiro), San Cidre (romaría na capela do mesmo nome o fin de semana máis próximo ao 15 de maio), e o San Ramón (primeiro fin de semana de setembro).

Pero o que máis destaca é sen dúbida o tradicional Entroido, que se celebra o domingo de Corredor (o domingo anterior ao de Entroido).

[editar] O Entroido de Bama

É sen dúbida ningunha o Entroido o acontecmento que máis xente trae a esta parroquia de Touro. O Entroido, ou tamén, as Máscaras, como popularmente se lle chama, ten lugar o domingo de Corredor, que se celebra o domingo antes ao domingo de Entroido.

O traballo para a celebración de tan singular festa comeza polo menos un mes antes onde se reúnen todos os que queren participar e vaise configurando a parranda, os xenerais, a vellada, o frade...

O día das Máscaras transcorre do seguinte xeito:

-Pola mañanciña a Parranda, conxunto de mozos e mozas vestidos de galegos ou disfrazados, van polas aldeas cantando, bailando e tocando. Sirva de exemplo a seguinte cancións:

Aquí están os da Parranda
contentos e entusiasmados,
se nos queren escoitar
non marcharán disgustados.

Escoita nena bonita
e asomate á ventana,
para escoitar as cancións
que che cantan os de Bama.

Se nos queren escoitar
ide soltando cartiños,
que a parranda non canta
se non lle untan os fuciños.

[editar] Lugares e parroquias

[editar] Lugares de Bama

Lugares da parroquia de Bama no concello de Touro (A Coruña)

Bamela | Belvís | Campelo | Castro | Millares Grande | Sar | A Silva | Tarrío | Vilar | A Xesteira

[editar] Parroquias de Touro

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Touro

Andeade (Santiago) | Bama (San Vicenzo) | Bendaña (Santa María) | Beseño (San Cristovo) | Calvos de Socamiño (San Martiño) | Circes (Santa Mariña) | Cornado (Santiso) | Enquerentes (San Miguel) | Fao (Santa Uxía) | Fontes Rosas (San Xoán) | Foxás (San Breixo) | Loxo (Santa María) | Novefontes (Santiago) | Prevediños (Santiago) | San Fiz de Quión (San Fiz) | San Miguel de Vilar (San Miguel) | San Pedro de Ribeira (San Pedro) | Touro (San Xoán) | Turces (Santa María)

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas