Vern Mikkelsen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vern Mikkelsen
Posición Ala-pivote
Dorsal 19
Altura 2,01 m (6 ft 7 in)
Peso 107 kg (235 lb)
Nacemento 21 de outubro de 1928 (84 anos)
Flag of California.svg Fresno, CA
Carreira
Tempadas 19491959
Universidade Hamline
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     10 063
Rebotes     5 940
Asistencias     1 515
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios
Basketball Hall of Fame como xogador

Arild Verner Agerskov "Vern" Mikkelsen, nado o 21 de outubro de 1928 en Fresno, California, é un ex xogador de baloncesto estadounidense que disputou dez tempadas na NBA, todas elas nos Minneapolis Lakers. É coñecido por ser o primeiro xogador que evolucionou o posto de ala-pivote no baloncesto moderno.

Índice

Traxectoria [editar]

Universidade [editar]

Xogou durante 4 tempadas cos Pipers da Universidade Hamline, nos que promedió 13,6 puntos por partido.

Profesional [editar]

Foi elixido na undécima posición do Draft da NBA de 1949 por Minneapolis Lakers como elección territorial. Formou xunto con George Mikan e Jim Pollard un dos mellores frontcourt[1] da historia da NBA, e xuntos gañaron catro aneis de campión na década de 1950. Foi elixido para o NBA All-Star Game en seis ocasiones, e incluído no segundo mellor quinteto da liga noutras catro.

Acabou a súa carreira deportiva ao finalizar a tempada 1958-59, con trinta anos de idade, perdéndose tan só catro partidos nas dez tempadas que disputou. Durante tres tempadas consecutivas foi o xogador que máis faltas persoais realizou, e aínda mantén a dubidosa honra de ser o xogador que máis veces foi descualificado por faltas en toda unha carreira, con 127. En total tivo unha media de 14,4 puntos e 9,4 rebotes por partido.

Equipos [editar]

Vida posterior [editar]

A finais dos 60 foi adestrador e xeral manager do equipo de Minnesota Pipers da American Basketball Association.[2]

Notas [editar]

  1. Homes altos dentro dun quinteto de baloncesto. Aleiro, ala-pivote e pivote.
  2. Remember the ABA: Pittsburgh/Minnesota Pipers

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]