Vasculite
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O termo vasculite adóitase empregar en medicina para se referir ás síndromes e doenzas que cursan coa inflamación dos vasos sanguíneos. Pode afectar a case que calquera vaso sanguíneo da práctica totalidade de todos os órganos do corpo.
Índice |
Patoxenia [editar]
O dous mecanismos máis coñecidos polos que se produce unha vasculite son:
- Inflamación de orixe inmunitaria;
- Mediadas polo sistema do complemento
- Mediadas por anticorpos (síndrome de Goodpasture)
- Mediadas por inmunidade celular
- Invasión directa das paredes vasculares por axentes patóxenos;
- Bacterias: Neisseria
- Rickettsia: febre das montañas rochosas
- Espiroquetas: sífile
- Fungos: asperxilose
- Virus: virus varicela zóster
Cadro clínico [editar]
As vasculites amosan unha grande variedade de manifestacións clínicas acompañadas de signos e síntomas xerais, entre eles, febre, mialxias, artralxias e malestar xeral.
Clasificación [editar]
A clasificación máis adoito empregada responde ao tamaño dos vasos afectos. Así pois, temos:
- Vasculite de grandes vasos:
- Arterite de células xigantes. (Arterite da temporal)
- Arterite de Takayasu
- Vasculite de vasos medios:
- Vasculite de vasos pequenos:
- Por mor da presenza de ANCA (Anti-neutrophil cytoplasmic antibodies)s:
- Polianxeíte microscópica
- Granulomatose de Wegener
- Síndrome de Churg-Strauss
- Vasculite ANCA positiva por mor de drogas
- Por mor da presenza de inmunocomplexos:
- Outras vasculites de vasos pequenos