Valeria Luiselli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Infotaula de personaValeria Luiselli

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de agosto de 1983 Editar o valor em Wikidata (40 anos)
Cidade de México Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeMéxico Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Nacional Autónoma de México
Universidade de Columbia
UWC Mahindra College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Cidade de México
Nova York Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritora Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoNovela e ensaio Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeÁlvaro Enrigue , divorcio
Premios

Páxina webvalerialuiselli.com Editar o valor em Wikidata

Valeria Luiselli, nada na Cidade de México o 16 de agosto de 1983, é unha escritora e ensaísta mexicana. É autora dos libros de ensaios Papeles Falsos (Sexto Piso, 2010) e Los niños perdidos (Sexto Piso, 2016) e das novelas Los ingrávidos (Sexto Piso, 2011) La historia de mis dientes (Sexto Piso, 2013) e Desierto sonoro (Sexto Piso, 2019).[1][2][3]

Publicou en varios xornais e revistas como Letras Libres, The New York Times, e Dazed & Confused.[4][5][6] A crítica alemá chamouna a nova revelación das letras latinoamericanas.[7] De 2014 a 2016 escribiu a columna «Cartas desde Harlem» no diario El País.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Valeria Luiselli naceu o 16 de agosto de 1983 na Cidade de México e creceu en Costa Rica, Corea do Sur, Suráfrica e a India. Actualmente vive en Nova York coa súa filla e a súa sobriña.[8] É filla do diplomático Cassio Luiselli Fernández quen foi o primeiro embaixador de México en Suráfrica, por esta razón, durante a súa infancia, Valeria coñeceu a Nelson Mandela.[9] Outros referentes familiares foron a súa avoa, que tivo nove fillos e se dedicou a axudar as comunidades indíxenas mexicanas e a súa nai, que se mudou a Chiapas por uns anos para unirse aos zapatistas. É licenciada da Facultade de Filosofía e Letras da Universidade Nacional Autónoma de México. En 2008 estabeleceuse na cidade de Nova York para estudar un doutoramento en literatura comparativa na Universidade de Columbia.

A escritora colaborou como tradutora na Corte migratoria de Nova York para a defensa dos nenos inmigrantes centroamericanos que chegaban aos Estados Unidos, experiencia que plasmou no seu libro Los niños perdidos (Sexto Piso, 2016).[10]

Obra[editar | editar a fonte]

Novela[editar | editar a fonte]

  • Los ingrávidos (Sexto Piso, 2011).
  • La historia de mis dientes (Sexto Piso, 2013).
  • Desierto sonoro, (Sexto Piso, 2019).

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Papeles falsos (Sexto Piso, 2010).
  • Where You Are, "Swings of Harlem" (Visual Editions, 2013).
  • Los niños perdidos. Un ensayo en 40 preguntas (Sexto Piso, 2016).

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

A escritora recibiu tres premios:

  • Los Angeles Times Book
  • American Book[11]
  • Fernanda Pivano 2020

Tamén foi nomeada dúas veces para o

  • National Book Critics Circle Award
  • Kirkus Prize

Ao igual foi honrada co premio “5 Under 35” de National Book Foundation e beneficiaria de Bearing Witness Fellowship of The Art for Justice Fund. No 2016, foi unha das finalistas do National Book Critics Circle Award nos Estados Unidos.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]