Utopía e distopía na literatura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ilustración da obra de Thomas More Utopia, publicada en 1516.

Utopía e distopía[1] na literatura, ás veces referidas como ficción utópica e ficción distópica, son senllas denominacións para dous xéneros literarios nos que se exploran as estruturas sociais e políticas dentro dun determinado contexto.

Características[editar | editar a fonte]

Por unha banda, a ficción utópica desenvólvese arredor do concepto de utopía, termo que designa un mundo ideal onde todo é perfecto. Pola contra, a ficción distópica ten que ver cunha sociedade na que impera o sufrimento sistemático dos cidadáns.

Ambas as dúas, utopía e distopía, son comúns na ciencia ficción literaria.

O relato de ciencia ficción pode nutrirse da revolución tecnolóxica e científica en dous sentidos: ou ben a ciencia é considerada como a salvación nunha versión relixiosa do humanismo científico (ciencia ficción utópica), ou ben se satiriza un mundo tecnificado e aséptico onde o individuo non pode pensar libremente (ciencia ficción antiutópica).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A distopía tamén recibe o nome de antiutopía.
  2. Entrada para Ciencia ficción no Dicionario de Termos Literarios do CRPIH.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

----

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.