Universidade de Monash

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Universidade de Monash
Monash University

Localización: Clayton, Victoria
Reitor: Alan Finkel
Estudantes: 39 000 (grao), 16 000 (posgrao)
Enderezo: Main Clayton Campus, Melbourne, Victoria, Australia
Páxina web: www.monash.edu.au

A Universidade Monash (en inglés, Monash University ou, como se di en Australia, simplemente Monash) é unha universidade pública, con campus localizados en Australia, Malaisia, Sudáfrica, a India, Italia e a China.

Foi fundada en 1958 e debe o seu nome a Sir John Monash, un destacado xeneral e líder australiano. Unha das súas frases máis célebres está escrita ao longo dun camiño entre o Robert Blackwood Hall e o Performing Arts Centre no campus de Clayton: "Adopta como o teu credo fundamental aquilo que te equipe para a vida, non soamente para o teu propio beneficio, senón para o de toda a túa comunidade".

O lema da universidade es Ancora imparo (en italiano), que significa "aínda estou aprendendo",[1] unha frase atribuída a Michelangelo.

Acelerador de partículas na Facult. de Física.
A universidade foi clasificada como a mellor da Australia para os cursos de enxeñaría, física e química.[2]

É unha das maiores universidades de Australia, co cerca de 55 000 estudantes, e está
clasificada entre as cinco mellores universidades do país.[3]

En 2009 foi elixida como a 45ª mellor universidade do mundo.[4]

Campus[editar | editar a fonte]

Edifício Robert Menzies no Campus Clayton.
Catedral de Prato, na praza principal da cidade, está a uns 100 m do Monash Prato Centre.
A Monash Art and Design Faculty no campus de Caulfield,

Alumnos destacados[editar | editar a fonte]

Monash ten una longa lista de antigos alumnos que destacaron nunha ampla gama de áreas. 1 100 graduados dasta universidade figuran entre as 13 200 biografías das persoas máis notábeis de Australia na edición 2008 de quen é quen en Australia.[5]

Entre eles encóntranse:

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]