Superheroe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un superheroe é un personaxe de ficción cuxas características superan as do heroe clásico, xeralmente con poderes sobrehumanos, e entroncado coa ciencia ficción. Xerados a finais dos anos 30 do século XX na industria do cómic estadounidense, que contribuíron a levantar, gozaron de multitude de adaptacións a outros medios, especialmente o cinema. Legalmente, só os personaxes pertencentes a Marvel Cómics ou DC Cómics poden facerse chamar "superheroes", posto que é unha marca rexistrada en Estados Unidos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]