M. Night Shyamalan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
M. Night Shyamalan
M. Night Shyamalan 2008 - still 40580 crop.jpg
Shyamalan no 2008
Nacemento Manoj Nelliyattu Shyamalan
6 de agosto de 1970 (43 anos)
Pondicherry, India India
Profesión director de cine
Cónxuxe(s) Bhavna Vaswani (1993-)
Ficha na IMDb

Manoj Nelliyattu Shyamalan nado en Pondicherry o 6 de agosto de 1970, máis coñecido como M. Night Shyamalan, é un director de cine e guionista indio nacionalizado estadounidense, nomeado ós premios Oscar.

Cameos[editar | editar a fonte]

Shyamalan gosta de saír nos seus filmes interpretando algún personaxe secundario:

  • En O sexto sentido é o médico que atende ó cativo, que sospeita de posibles malos tratos por parte da súa nai.
  • En Unbreakable aparece como un simple asistente no estadio onde traballa o personaxe de Bruce Willis, quen o cachea crendo que o protagonista trafica con drogas.
  • En Signs escolle un personaxe máis importante no aspecto dramático, xa que é quen por accidente mata á muller do personaxe de Mel Gibson.
  • En The Village é tamén un personaxe en certo xeito importante: é o garda do lugar onde están as menciñas que necesita Ivy Walker.
  • En A moza da auga sae caracterizado como un escritor novel que se atopa escribindo un libro que será moi influente para o futuro.
  • En The Happening é Joey, o compañeiro de traballo que constantemente chama a Alma Moore.
M. Night Shyamalan e Bryce Dallas Howard en San Sebastián, 2006.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Filme Director Produtor Guionista Actor Papel
1992 Praying with Anger Si Non Si Si Dev Raman
1998 Wide Awake Si Non Si Non
1999 O sexto sentido Si Non Si Si Doutor Hill
Stuart Little Non Non Si Non
2000 Unbreakable Si Si Si Si Vendedor de droga do estadio
2001 The Last Castle Non Si Non Non Joey
2002 Signs Si Si Si Si Ray Reddy
2004 The Village Si Si Si Si Jay
2006 Lady in the Water Si Si Si Si Vick Ran/The Vessel
2008 The Happening Si Si Si Si Joey (voz)
2010 The Last Airbender Si Si Si Si
Devil Non Si Si Non
2013 After Earth Si Non Si Non

Premios[editar | editar a fonte]

Óscar[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Filme Resultado
1999 Oscar ó mellor director O sexto sentido Nomeado
1999 Oscar ó mellor guión orixinal O sexto sentido Nomeado

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]