Ulpiano

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Domicio Ulpiano (en latín, Domitius Ulpianus) (Tiro? 170? - Roma, 228) foi un xurista romano de orixe fenicio, magister libellorum e prefecto do pretorio do emperador Alexandre Severo.

Índice

[editar] Antecedentes históricos

A época do nacemento de Ulpiano é descoñecida, aínda que adoita situarse en torno ao ano 170, en Fenicia. O período da súa actividade literaria desenvolveuna entre 211 e 222, particularmente durante o goberno do emperador Caracalla (211-217).

A súa carreira pública foi paralela á do seu rival Paulo. Foi asesor do seu mestre Papiniano, cando este desempeñou a prefectura do pretorio e, ademais, el mesmo exerceu como praefectus praetorio de Alexandre Severo.

Tras o homicidio de Papiniano, en 212 e a persecución contra os simpatizantes de Geta, decidiu retirarse á vida privada, época na cal redactou a maior parte das súas obras xurídicas, dedicándose especialmente a compor comentarios dogmáticos complexos e monografías de divulgación.

Durante o goberno de Heliogábalo foi exiliado de Roma, de acordo a Scriptores Historiae Augustae, só por ser un bo home (bunus vir). No ano 222, ao ser elixido Alejandro Severo como emperador, puido regresar e foi chamado a participar no goberno, como asesor e logo como prefecto do pretorio.

O seu programa, que buscaba reducir os privilexios concedidos por Heliógabalo á Garda Pretoriana, co fin de aumentar o control sobre o elemento militar, provocou a inimizade con esta e un intento de homicidio. Finalmente, foi asasinado no palacio no curso dunha revolta entre os soldados e a multitude, probablemente en 228.

[editar] Obras

Entre as súas obras destacan os comentarios ad Sabinum (sobre ius civile) en 51 libros, ad Edictum (sobre o edicto do pretor) en 81 libros (máis 2 libros ad edictum aedilium curulium como apéndice).

Así mesmo escribiu diversos textos sobre as atribucións de maxistrados e funcionarios imperiais, entre outros, 19 libros de officio proconsulis, 3 libros de oficcio consulis e varios textos nun único libro (libri singulares) sobre o oficio do cuaestor, do praefectus urbi e do praefectus vigilum. Ademais, redactou 2 libros de Responsa (comentarios sobre casos reais), 10 de Disputationes, 7 de Regulae (sobre regras) e unhas Institutiones en 2 libros.

Das súas obras consérvanse só algunhas pasaxes incluídas no Digesto e en certas coleccións privadas e oficiais, entre outros: os Fragmenta iuris Romani Vaticana conservado nun códice do século IV da Biblioteca do Vaticano, descuberto en 1820 polo Cardeal Aneglo Mai; un papiro da Biblioteca de Viena descuberto por Endlicher en 1835, con fragmentos do primeiro libro das Institutiones; e un pergamiño da Biblioteca de Estrasburgo, con pasaxes da Disputationes.

[editar] Importancia

Aínda que, non posuíu o talento e a orixinalidade de Papiniano, no seu labor dedicouse a lograr a máis completa e minuciosa recompilación do dereito vixente na súa época (do mesmo xeito que Paulo). Dos seus escritos díxose que, aínda que eran monótonos ao seguir as súas fontes ao pé da letra (Ulpiano escasamente expresaba as súas propias opinións), tiñan un estilo claro e sinxelo, o que lle permitiu converterse nos séculos posteriores no máis popular dos xuristas.

Foi incluído, xunto a Gayo, Paulo, Modestino e Papiniano, na lei de citas de 426, que regulaba a recitatio das obras dos xuristas ante os tribunalé (é dicir, que xuristas podían ser invocados e os criterios para a decisión do xuíz ante opinións diversas destes)/destes).

A súa actividade expositiva do dereito permitíronlle obter o maior premio para un xurista romano: ser o máis utilizado na compilación de Justiniano (unha terceira parte provén das súas obras), converténdoo nun dos principais informantes do dereito romano.

[editar] Bibliografía

autor = Paricio, Javier
título = Los juristas y el poder político en la antigua Roma
ano = 1999
publicación = Granada: Editorial Comares, S.L.
id = ISBN 8481518654

[editar] Véxase tamén

Ferramentas persoais