Xeta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Publius Septimius Geta

Publius Septimius Xeta foi un emperador romano, fillo de Septimio Severo e que gobernou apenas un ano xunto co seu irmán Caracalla. Naceu no 189 en Mediolanum (actual Milano) e era o fillo pequeno. Durante as campañas orientais do seu pai, foi nomeado césar, e designado para gobernar o imperio xunto co seu irmán.

Pouco antes da morte do seu pai, foi nomeado augustus, e asumiu a corexencia no 211 xunto con Caracalla.De caracter mais afable que Caracalla, a finais dese mesmo ano e asasinado polo seu irmán no pazo imperial. As causas que o levaron á morte nunca foron explicadas. Para uns que o que quería era rachar o imperio en dúas partes, non sendo isto ben visto polo Senado; outros apuntan aos celos e o carácter irascible de Caracalla ao ver medrar a popularidade do seu irmán. A que era moi coñecida en Roma era a gran rivalidade entre os dous irmáns e a menor intelixencia de Xeta.

Á súa morte, Caracalla fixo borrar as inscricións públicas e a súa lembranza dos monumentos.