Two Door Cinema Club
| Two Door Cinema Club | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | Bangor/Donaghadee, Irlanda do Norte |
| Período | 2007 - actualidade |
| Xénero(s) | indie rock, post-punk revival, synthpop, indie pop |
| Selo(s) discográfico(s) | Kitsuné Music (Europa) Glassnote Records (Estados Unidos) |
| Membros | Alex Trimble Kevin Baird Sam Halliday |
| Antigos membros | |
| Web oficial | twodoorcinemaclub.com |
Two Door Cinema Club é unha banda de indie rock procedente de Bangor e Donaghadee, en Irlanda do Norte. Formouse no ano 2007 e está composta por Sam Halliday (guitarra e coros), Alex Trimble (voces, guitarra e sintes) e Kevin Baird (baixo e coros). O grupo asinou co selo francés Kitsuné Music, a través do cal editou o seu álbum de estrea, Tourist History, o 1 de marzo do 2010. A banda gañou o Choice Music Prize ao mellor álbum irlandés do ano 2010.
Índice |
Historia [editar]
Alex Trimble e Sam Halliday coñecéronse mentres asistían ao Bangor Grammar School, e posteriormente coñeceron a Kevin Baird. O nome da banda ven dunha ocasión na que Halliday pronunciou mal o nome do cine local, Tudor Cinema. Anteriormente o grupo era un cuarteto coñecido como LifeWithoutRory, composto polos membros de Two Door Cinema Club members e tamén un batería, Patrick Thompson. Porén, Two Door Cinema Club colleu forma despois de que Patrick marchase.
No 2007 formouse Two Door Cinema Club, e despois dun aumento do interese pola súa música na súa páxina de MySpace, renunciaron ás súas carreeiras universitarias e comezaron a traballar en metarial de estudio. O EP Four Words To Stand On foi lanzado en xaneiro do 2009 e foi recibido positivamente pola crítica. Varios blogues musicais escribiron artigos sobre a banda e a súa popularidade incrementouse. No mes de xullo dese ano comezaron a gravar o seu álbum de estrea nos Eastcote Studios de Londres con Eliot James. En setembro a banda comezou as sesións de mestura con Phillipe Zdar en Motorbass, o seu estudio en París.
En decembro do ano 2009, Two Door Cinema Club foi elexido na enquisa da BBC Sound Of 2010 Poll o 165 mellor artista dese ano.
En xaneiro do 2010, Two Door Cinema Club anunciou a listaxe de cancións e os detalles do seu álbum nunha entrevista en NME. Este foi publicado o 26 de febreiro en Irlanda e o 1 de marzo no Reino Unido. O disco, titulado Tourist History, lanzaríase nos Estados Unidos o 27 de abril. Foi precedido dos sinxelos "Something Good Can Work", "I Can Talk" e "Undercover Martyn", aparecendo o primeiro e o terceiro en anuncios de televisión de Vodafone e Meteor. "Undercover Martyn" tamén está na banda sonora do videoxogo Gran Turismo 5, mentres que "I Can Talk" sae nos dos xogos 'FIFA 11 e NBA 2K11. Ademais, "Something Good Can Work" e "Do You Want It All" foron usadas na película do 2011 Chalet Girl. O 25 de novembro do 2010 o tema "What You Know" foi lanzado como descarga gratuíta para o xogo Tap Tap Revenge 3.
O 18 de xaneiro do 2011 Two Door Cinema Club apareceu no programa de televisión Late Night with Jimmy Fallon, interpretando a súa canción "What You Know".
Tourist History gañou o Choice Music Prize ao mellor álbum irlandés do 2010, sendo o primeiro premio que a banda obtiña. O grupo donou os cartos a Abaana, unha organización de caridade baseada na súa cidade natal. Two Door Cinema Club tamén gañou o premio Breaking Woodie da mtvU.
Discografía [editar]
- Tourist History - 2010 (Kitsuné Music)
- Beacon - 2012 (Kitsuné Music)
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Páxina oficial (en inglés)