Snow Patrol
| Snow Patrol | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | Dundee, Escocia |
| Período | 1994 - actualidade |
| Xénero(s) | rock alternativo, power pop, post-britpop, indie rock |
| Selo(s) discográfico(s) | Fiction/Interscope, Jeepster, Electric Honey |
| Membros | Gary Lightbody Jonny Quinn Nathan Connolly Paul Wilson Tom Simpson Johnny McDaid |
| Antigos membros | Mark McClelland Michael Morrison |
| Web oficial | http://www.snowpatrol.com/ |
Snow Patrol é unha banda de rock alternativo procedente de Bangor, Irlanda do Norte e formada no ano 1994 na Universidade de Dundee, en Escocia. Os seus tres primeiros discos, o EP Starfighter Pilot (1997), e os álbum de estudio Polarbears (1998) e When It's All Over We Still Have to Clear Up (2001), foron un éxito comercial, sendo editados polos selos independentes Electric Honey e Jeepster. Posteriormente o grupo asinou un contrato con Polydor Records en 2002.
Snow Patrol acadou a fama en todo o país coa súa estrea con Polydor, Final Straw, publicado en 2003. O álbum foi certificado cinco veces platino no Reino Unido e chegou a vender máis de 3 millóns de copias en todo o mundo. Seu seguinte álbum de estudio, Eyes Open (2006), e o seu sinxelo "Chasing Cars", fixeron que a banda se fixese famosa a nivel internacional. Este traballo acadou o primeiro posto da lista británica de álbums e foi o disco máis vendido nese país ese ano, chegando as unidades vendidas aos 6 millóns en todo o mundo. No ano 2008 o grupo lanzou o seu quinto álbum de estudio, A Hundred Million Suns, e en [2009]] o seu primeiro recompilatorio, Up to Now. En 2011 publicaron o seu íltimo traballo ata a data, Fallen Empires.
Discografía [editar]
- Songs for Polarbears - 1998
- When It's All Over We Still Have to Clear Up - 2001
- Final Straw - 2003
- Eyes Open - 2006
- A Hundred Million Suns - 2008
- Fallen Empires - 2011