Turmalina
| Turmalina | |
|---|---|
| Turmalina de cor negra con reflexos amarelos | |
| Fórmula química: | Diferente segundo a variedade |
| Clase: | Silicatos |
| Subclase: | Ciclosilicatos |
| Sistema cristalino: | Hexagonal |
| Cor: | Diferente segundo a variedade |
| Brillo: | Vítreo |
| Dureza: | 7-7,5 |
| Fractura: | Concoidea |
| Exfoliación: | Moi imperfecta |
| Raia: | Branca |
| Densidade: | 3-3,25 g/cm3 |
A turmalina (da palabra cingalesa turmali, que significa pedra que atrae as cinzas) é un mineral da clase dos silicatos cuxa fórmula química é variable xa que forma unha serie isomorfa de minerais de diversa composición química.
Índice |
[editar] Aspecto
A turmalina cristaliza en forma de cristais prismáticos hexagonais ou de crecemento radiado ou acicular. Tamén aparece de forma amorfa e masiva.
-
Cuarzo e turmalina
[editar] Variedades da turmalina segundo a súa composición
O grupo da turmalina está formado por unha serie isomorfa de diversos minerais. Son os seguintes:
- Buerxerita, con sodio, ferro3+ e aluminio.
- Liddicoatita, con calcio, litio e aluminio.
[editar] Variedades da turmalina segundo a súa cor
Segundo sexa a súa cor. Podemos diferenciar entre:
- Acroíta, de cor branca.
- Indigolita, de cor azul.
- Rubelita, de cor rosa ou vermella.
- Verdelita, de cor verde.
Tamén podemos atopar turmalina incolora, amarela, parda e negra.
[editar] Lugares onde se topa
Pódese atopar en granitos e gneises e, especialmente, nos filóns do tipo pegmatítico. Trátase dun mineral hidrotermal de altas temperaturas, procedente de fluídos profundos que escaparon ó final do proceso de cristalización. Aparece frecuentemente en asociación con cuarzos, feldespatos, micas e berilos.
[editar] Usos da turmalina
Polas súas propiedades piezoeléctricas a turmalina utilízase para a fabricación de calibradores de presión.
É moi apreciada no coleccionismo e no mundo da xoiería.
[editar] Propiedades
A turmalina presenta propiedades piroeléctricas e piezoeléctricas. Nos seus extremos acumálanse cargas opostas tanto baixo presión como ó quentala. Estas cargas poden atraer pequenos obxectos.
[editar] Outros silicatos
Outros silicatos a destacar son o cuarzo, o feldespato, a mica e a olivina.