Elbaíta
| Elbaíta | |
|---|---|
| Elbaíta (variedade verdelita e rubelita) en crecemento tabular | |
| Fórmula química: | Na(Li,Al)3Al6(BO3)3Si6O18(OH,F)4 |
| Clase: | Silicatos |
| Subclase: | Ciclosilicatos |
| Sistema cristalino: | Hexagonal |
| Cor: | Branca, verde, vermella e azul |
| Brillo: | De vítreo a resinoso |
| Dureza: | 7-7,5 |
| Fractura: | Concoidea ou irregular |
| Exfoliación: | Moi imperfecta |
| Raia: | Branca |
| Densidade: | 3-3,25 g/cm3 |
A elbaíta é un mineral da clase dos silicatos e que forma parte da serie isomorfa da turmalina cuxa fórmula química é Na(Li,Al)3Al6(BO3)3Si6O18(OH,F)4 (contén 32-38% de SiO2, 20-40% de Al2O3 e 20% de H2O). É resistente á acción dos ácidos.
Índice |
Aspecto [editar]
A elbaíta cristaliza en forma de cristais prismáticos tabulares ou aciculares. Tamén aparece de forma radiada e masiva.
Variedades da elbaíta [editar]
Segundo a súa cor pódese diferenciar dentro deste mineral diferentes variedades:
- Acroíta, de cor branca.
- Indigolita, de cor azul.
- Rubelita, de cor rosa ou vermella.
- Verdelita, de cor verde.
Lugares onde se atopa [editar]
Pódese atopar en granitos e gneises e, especialmente, nos filóns do tipo pegmatítico. Trátase dun mineral hidrotermal de altas temperaturas, procedente de fluídos profundos que escaparon ó final do proceso de cristalización.
Podemos atopar rubelita en Valdemierque (Salamanca) e indigolita en Laxe (A Coruña).
Usos da elbaíta [editar]
Polas súas propiedades piezoeléctricas a elbaíta utilízase para a fabricación de calibradores de presión.
É moi apreciada no coleccionismo e no mundo da xoiería.
Outros silicatos [editar]
Outros silicatos importantes son:
A olivina, o feldespato, o cuarzo e as micas.