Transplante

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escena con figuras de cera do primeiro transplante de corazón

Un transplante é unha operación cirúrxica que consiste en substituír un órgano ou tecido danado por outro plenamente funcional. Nos seres humanos os órganos máis habitualmente transplantados son o corazón, ril, fígado, pulmón, páncreas e intestino, tamén son habituais os transplantes de córnea, tendóns, pel e veas. Os doantes de órganos poden estar vivos ou en morte cerebral, pero moitos dos tecidos admiten o seu almacenamento mesmo durante anos; no caso de doacións entre especies diferentes denomínase xenotrasplante. Os transplantes para os humanos están estritamente regulamentados nos países desenvolvidos, existindo organismos específicos de control e coordinación, así en Galicia é a Oficina de Coordinación de Transplantes no ámbito autonómico e a Organización Nacional de Transplantes no estatal.