Thomas Wyon, o Vello

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outros membros desta familia de medallistas ingleses, véxase a páxina de homónimos Wyon
Para o fillo de Thomas Wyon, chamado igual, véxase a páxina Thomas Wyon, o Novo
Infotaula de personaThomas Wyon, o Vello
Biografía
Nacemento1767 Editar o valor em Wikidata
Birmingham Editar o valor em Wikidata
Morte18 de outubro de 1830 Editar o valor em Wikidata (62/63 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Gran Bretaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióngravador , empresario , medallista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosEdward William Wyon (pt) Traducir, Thomas Wyon, o Novo, Benjamin Wyon (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiGeorge Wyon (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Thomas Wyon, o Vello, nado en Birmingham en 1767 e finado en Londres 18 de outubro de 1830, foi medallista e gravador inglés que ocupou o cargo de gravador xefe de selos do rei.

Wyon foi o pai de Thomas Wyon, o Novo, gravador xefe da Royal Mint, así como do tamén medallista Benjamin Wyon e do escultor Edward William Wyon.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Thomas Wyon era o maior dos catro fillos do gravador George Wyon,[3] orixinario de Colonia, Alemaña, que se desprazara a Inglaterra no séquito de Xurxo I (1714-1727) e traballara na ceca de Soho da man de Matthew Boulton.[1]

Cara a 1796, Thomas comezou a traballar en Birmingham como gravador de cuños co seu irmán Peter Wyon, o pai de William Wyon, tamén gravador xefe da Royal Mint. En 1797 ambos residían en Lionel Street, en Londres. Os irmáns gravaron numerosos cuños para fichas e moedas privadas (tokens), moitas das cales reproducen edificios de Coventry.[1] Algúns dos seus traballos non están asinados e noutros casos márcanse coa inicial W ou co apelido completo WYON.[3]

A partir de 1800, Peter continuou en Birmingham e Thomas Wyon trasladouse en Londres e o 30 de setembro de 1816 foi nomeado gravador xefe dos selos reais[1][4]

Wyon faleceu o 18 de outubro de 1830 en Nassau Street, Londres.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]