Thomas MacDonagh

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Thomas MacDonagh

Thomas MacDonagh (en irlandés Tomás Mac Donnchadha), nado en Cloughjordan (Tipperary do Norte) o 1 de febreiro de 1878 e finado en Dublín o 3 de maio de 1916, foi un nacionalista irlandés, poeta, dramaturgo e un dos líderes do Alzamento de Pascua de 1916.

Biografía[editar | editar a fonte]

Thomas MacDonagh interesouse polo gaélico irlandés, trasladándose a Dublín a estudar. Na capital irlandesa fíxose membro da Conradh na Gaeilge (Liga Gaélica) e fixo amizade con Eoin MacNeill e Patrick Pearse, este último fixo que ingresara a traballar na Escola St. Enda (Scoil Éanna) en Ranelagh (Condado de Dublín) en 1908, onde se realizaba un ensino bilingüe inglés-irlandés. Pouco despois foi lector da Universidade Nacional de Irlanda, e en 1910 foi nomeado titor do xove poeta Joseph Plunkett, tamén membro da Liga Gaèlica. En 1912 casou con Muriel Gifford, unha muller protestant que se convertiu ao catolicismo, con ela tería un fillo en 1913 ao cal chamaron Donagh.

En 1913, Plunkett e MacDonagh asistiron á primeira reunión dos Voluntarios Irlandeses e formaron parte do Comité Provisional. Máis tarde foi capitán do II Batallón e comandante da Brigada de Dublín. Inicialmente os seus puntos de vista políticos eran constitucionalistas, mais as influencias de Pearse, Plunkett e Sean MacDermott fixérono evolucionar ao republicanismo, de xeito que no verán de 1915 uniuse á Irmandade Republicana Irlandesa (IRB). Tamén estivo presente no funeral do líder feniano Jeremiah O'Donovan Rossa, onde Patrick Pearse leu unha oración fúnebre.

A pesar de que o seu nome figura como un dos sete dirixentes do Alzamento de Pascua de 1916, a realidade é que incorporouse máis tarde ao grupo, en abril de 1916, cando o Alzamento xa estaba en marcha. Quizais se debe ao feito de que era un recén chegado no IRB, mais Thomas Clarke promoveu o seu ascenso, axudado pola súa amizade con Pearse e Plunkett. Deste xeito, foi un dos signatarios da Proclamación de Pascua.

Durante a revolta, o seu rexemento posicionouse na fábrica de galletas Jacob, onde se lle uniu o veterán feniano John MacBride. A pesar de ser un dos rexementos máis numerosos, tiña pouca experiencia en combate e o 30 de abril recibíu a orde de renderse ás forzas británicas. Foi xulgado por un tribunal militar, condenado a morte e fusilado o 3 de maio de 1916.

A súa viúva morreu mentres nadaba en Skerries nedava a Skerries (Condado de Dublín, en xullo de 1917. O seu fillo, Donagh MacDonagh, foi un coñecido escritor e xuíz, finou en 1968.