John MacBride

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJohn MacBride

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento7 de maio de 1868 Editar o valor em Wikidata
Westport - Cathair na Mart Editar o valor em Wikidata
Morte5 de maio de 1916 Editar o valor em Wikidata (47 anos)
Kilmainham Gaol (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteFerida por arma de fogo Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeIrlanda Editar o valor em Wikidata
EducaciónSt Malachy's College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar , político Editar o valor em Wikidata
Membro de
Carreira militar
Rango militarComandante Editar o valor em Wikidata
ConflitoSegunda guerra bóer Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMaud Gonne (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosSeán MacBride (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: MacBride-50 Find a Grave: 4271 Editar o valor em Wikidata

John MacBride ou Seán Mac Giolla Bhríde en irlandés, nado o 7 de maio de 1865 en Westport (Condado de Mayo, Irlanda) e finado o 5 de maio de 1916 na prisión de Kilmainham (Dublín), foi un republicano irlandés executado polo seu papel dirixente no Alzamento de Pascua de 1916.

Biografía[editar | editar a fonte]

John MacBride naceu en The Quay (Westport) fillo de Patrick MacBride, un comerciante, e de Honoria Gill, quen o sobreviviu.[1] Foi educado nos Irmáns Cristiáns de Westport e no St. Malachy's College de Belfast. Traballou un tempo nunha tenda en Castlerea (Condado de Roscommon). Estudou medicina, mais deixouno para traballar como químico nunha empresa de Dublín.

Uniuse á Irmandade Republicana Irlandesa (IRB) e fíxose amigo de Michael Cusack nos comezos da Asociación Atlética Gaélica (GAA). Tamén se uniu á Sociedade Literaria Céltica a través da cal coñeceu a Arthur Griffith, que foi o amigo que máis influíu na súa vida. A principios de 1893, MacBride foi considerado un "nacionalista perigoso" polo goberno o británico. En 1896 marchou aos Estados Unidos como membro da IRB. Cando volveu volveu marchar a Suráfrica.

Segunda Guerra Bóer[editar | editar a fonte]

Tomou parte na Segunda Guerra Bóer como membro da Brigada Irlandesa de Transvaal, da cal o comandante era o irlandés-americano coronel John Blake, antigo oficial da cabalería dos Estados Unidos.[2] A brigada recibiu recoñecemento oficial do goberno bóer, e os cargos foron asinados polo secretario de estado F.W. Reitz. Recibiu o cargo de maior (equivalente a comandante), así como a cidadanía bóer.

Uns 500 irlandeses e irlandeses-americanos loitaron contra os británicos, ás veces contra rexementos formados por irlandeses, como os Dublin Fusiliers e os Inniskillings. Dende os montes circundantes á vila de Ladysmith ás chairas do Estado Libre de Orange, a brigada de MacBride enfrontouse aos canóns británicos, loitaron na batalla de Colenso e máis tarde cubriron a retagarda, hostilizando á cabalaría de Lord Roberts na retirada do exército bóer. Así e todo, tamén moitos irlandeses loitaron cos británicos contra os bóer.

Contra maio de 1900, os comandos irlandeses foron divididos en dúas brigadas irlandesas de Transvaal. Tamén recibiron un corpo de ambulancias irlandesas-americanas, á vez que o líder nacionalista irlandés Michael Davitt se trasladou á capital bóer. A pesar diso, moitos irlandeses favorables aos bóers volveron a casa, a pesar das proclamas dos movementos favorables á causa bóer estimulados por Arthur Griffith e Maud Gonne.

Matrimonio[editar | editar a fonte]

Logo da Guerra viaxou a París. En 1903 casou coa nacionalista irlandesa Maud Gonne, a quen coñecera en 1900 e a través da cal coñeceu a William Butler Yeats. Ao ano seguinte naceu o seu fillo Sean MacBride (gañador en 1974 do Premio Nobel da Paz). Máis tarde o matrimonio fracasou no medio de acusacións de violencia doméstica, e volveu a Dublín. Gonne separouse de MacBride, mais nunca volveu casar.[3]

Alzamento de Pascua[editar | editar a fonte]

MacBride, a diferenza dos outros líderes do Alzamento de Pascua, non era membro dos Voluntarios Irlandeses, e vai ofrecer os seus servizos a Thomas MacDonagh, de xeito que foi nomeado segundo comandante na fábrica Jacob.[4] MacBride, logo dun consello de guerra, foi fusilado na prisión de Kilmainham (Dublín) o 5 de maio de 1916, dous días antes de cumprir os 55 anos.

Prisión de Kilmainham

Mirando á cara ao pelotón, rexeitou que ll vendasen os ollos dicindo "Vin os canóns de masas fusís na guerra surafricana para ter medo á morte, e agora levades a cabo a vosa sentenza." Actualmente está enterrado no camposanto de Arbour Hill (Dublín).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de maio de 2006. Consultado o 19 de xullo de 2011. 
  2. Jordan Anthony J. 'Boer War to Easter Rising', Westport Books 2006 p.13
  3. Jordan Anthony J. 'The Yeats Gonne MacBride Triangle' Westport Books 2000 pp.49-104
  4. Jordan Anthony J. 'Boer War to Easter Rising' Westport Books 2006 p. 158]