Patrick Pearse

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Patrick Pearse

Patrick Henry Pearse, tamén coñecido como Pádraig Pearse (en irlandés Pádraig Anraí Mac Piarais), nado o 10 de novembro de 1879 e finado o 3 de maio de 1916 foi un poeta, escritor, profesor, nacionalista e activista político, líder do Alzamento de Pascua en 1916. Foi proclamado "Presidente del Gobierno Provisional" da República Irlandesa nun dos boletíns emitidos polos líderes do alzamento, status disputado por outros participantes no mesmo. Co fracaso do alzamento e a súa execución xunto co seu irmán e outros catorce líderes máis, Pearse ten sido visto como o principal artífice da revolta.