Thomas Hart Benton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Thomas Hart Benton

Thomas Hart Benton (15 de abril de 1889 - 19 de xaneiro de 1975), foi un pintor e muralista estadounidense, un dos máximos expoñentes do movemento artístico rexionalismo xunto a Grant Wood e John Steuart Curry.

Vida e obra[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Benton naceu en Neosho, Misuri, nunha das familias máis poderosas de Misuri, seu pai Maecenas Eason Benton foi un avogado e congresista e o seu tío avó Thomas Hart Benton fora senador. Benton pasou a súa infancia entre Washington, DC e Misuri, no canto de seguir unha carreira política como pretendía seu pai, desenvolveu interese pola arte e traballou como caricaturista para o xornal Joplin American de Joplin, Misuri.

Aprendizaxe[editar | editar a fonte]

En 1907 Benton matriculouse no Art Institute of Chicago e en 1909 transladouse a París para estudar na Académie Julian. Alí tratou a artistas como Diego Rivera e especialmente Stanton Macdonald-Wright, partidario do sincromismo, que influiu fortemente na obra de Benton. En 1923 Bento estableceuse en Nova York, o seu traballo como debuxante artístico da Armada dos Estados Unidos desde 1919 mudou o seu estilo significamente, concentrouse en escenas e debuxos realísticos da vida e traballo nos estaleiros.

Rexionalismo[editar | editar a fonte]

De volta a Nova York a comezos dos anos vinte, Benton declarouse enimigo do modernismo e comezou a realizar unha obra naturalista e representacionista hoxe coñecida como rexionalismo e que tivo o seu cumio nos murais America Today da New School for Social Research pintados en 1930-1931, fortemente influídos por El Greco.

En 1932 a Benton, relativamente pouco coñecido, elexírono pra realizar os murais que debían representar a Indiana na Exposición Internacional de Chicago de 1933, os Murais de Indiana xeraron controversia, Benton pintou xente común sen suavizar a historia do estado, pintando mesmo membros do Ku Klux Klan.

O 24 de decembro de 1934 Benton apareceu na primeira portada en cor de Time, no interior nun artigo titulado “The U.S. Scene” presentaba a Benton, Wood e Curry como o os novos heroes da arte estadounidense, o que deu visibilidade ó rexionalismo como movemento artístico.

Enn 1935 Benton traballou nun mural para o Capitolio do Estado de Misuri en Jefferson City, titulado Social History of Missouri é quizabes a mellor obra de Benton, pero causou controversia, a aparición de Jesse James, a escravitude e slavery e Tom Pendergast. Benton estableceuse en Kansas City, Misuri e aceptou un posto como profesor no Kansas City Art Institute. As súas obras desta época xeralmente amosa a melancolía, desesperación e beleza da vida dunha pequena cidade. En 1937 publicou a súa autobiografía, An Artist in America. Neste período, Benton comezou a producir litografías en edicións limitadas asinadas e con edicións reducidas.

Últimos anos[editar | editar a fonte]

Cut the Line, 1944
The Sowers, da II GM

Durante a II Guerra Mundial, Benton creou unha serie, amplamente distribuída The Year of Peril, que pretendía poñer de relevo os ideais americanos fronte a amezada do fascismo e o nazismo. Despois da guerra o rexionalismo viuse eclipsado polo Expresionismo abstracto.[1] Benton permaneceu activo outros trinta anos, pero a súa obra centrouse menos no comentario social e máis en crear estilizadas imaxes bucólicas das granxas preindustriais. Tamén pintou murais en diversas cidades, o mural Independence and the Opening of The West para a Biblioteca e Museo Harry S. Truman en Independence, Misuri deu lugar a unha amizade duradiera co expresidente Harry Truman. Benton morreu en 1975 no seu estudio, traballando no seu mural, The Sources of Country Music para a Country Music Hall of Fame in Nashville.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. New Britain Museum of American Art

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]