Thomas Eakins

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Autorretrato, en 1904.

Thomas Cowperthwait Eakins, nado o 25 de xullo de 1844 e finado o 25 de xuño de 1916, foi un importante pintor, escultor, profesor e fotógrafo dos Estados Unidos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ao longo de toda súas carreira Eakins traballou nun estilo realista, tendo o ser humano como centro temático. Pintou centenares de retratos, que en conxunto dan un panorama da vida intelectual da Filadelfia do seu tempo, e illados son penetrantes visións sobre os individuos. Como profesor foi un nome altamente respectado e moi influente no circuíto das artes norteamericanas, a pesar de escándalos persoais prexudicaren un logro máis amplo.

Na fotografía foi un innovador, usando abordaxes ousadas para súa época. Hoxe é considerado o máis importante realista dos Estados Unidos de finais do século XIX e comezos do XX.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]