Smash é o terceiro álbum da banda estadounidense de punk rockThe Offspring, publicado o 8 de abril de 1994 a través do selo Epitaph Records. Tras xirar promocionando o seu anterior disco, Ignition (1992), The Offspring comezou a gravar Smash en xaneiro de 1994 en Track Record en North Hollywood, California. A gravación e a produción rematou un mes despois.