The Good, the Bad & the Queen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The Good, the Bad & the Queen
OrixeInglaterra Inglaterra
Período2005 - 2008
2011
2014 - 2019
Xénero(s)art rock, folk, dub, reggae rock
Selo(s) discográfico(s)Parlophone, Studio 13
MembrosDamon Albarn
Paul Simonon
Simon Tong
Tony Allen
Artistas relacionadosBlur, Gorillaz, The Clash, The Verve, Fela Kuti
Na rede
web
IMDB: nm2499893 MySpace: thegoodthebadandthequeen Youtube: UCs7K3QOtZPT2L-Z9i0DHyuQ Last fm: The+Good,+the+Bad+&+the+Queen Musicbrainz: 0f211bfc-8c69-4cb7-9165-acbe4353cb0a Songkick: 185157 Discogs: 700490 Allmusic: mn0000632089 Deezer: 211303 Genius: The-good-the-bad-and-the-queen Editar o valor em Wikidata

The Good, the Bad & the Queen foi un supergrupo inglés de art rock composto polo cantante Damon Albarn de Blur e Gorillaz, o baixista Paul Simonon de The Clash, o guitarrista Simon Tong de The Verve, e o batería Tony Allen de Fela Kuti. A banda publicou o seu álbum de estrea, The Good, the Bad & the Queen, no ano 2007. O seu segundo disco, Merrie Land, co-producido con Tony Visconti, apareceu en 2018. No ano 2019, Albarn anunciou que o grupo se disolvía. Allen morreu en 2020.

Historia[editar | editar a fonte]

Formación e álbum de estrea[editar | editar a fonte]

The Good, the Bad & the Queen comezou como un proxecto en solitario de Damon Albarn con produción de Danger Mouse. Porén, en xullo de 2006 o proxecto convertérase nunha banda[1] co baixista de The Clash Paul Simonon, o guitarrista de The Verve Simon Tong, e o batería de Fela Kuti Tony Allen. Albarn coñecera a Simonon na voda do cantante de The Clash Joe Strummer en 1997, e Tong traballara con Albarn na xira do álbum de Blur Think Tank de 2002, enchendo o espazo que deixara Graham Coxon tras a súa marcha.[2] Allen contactou con Albarn tras escoitar o sinxelo de Blur de 2000 "Music Is My Radar", que fai referencia a el.[2]

The Good, the Bad & the Queen realizou o seu primeiro concerto nun pub en Devon o 20 de outubro, seguido por unha actuación no London Roundhouse o 26 dese mes como parte do BBC Electric Proms.[3] A banda publicou o seu primeiro sinxelo, "Herculean", o 30 de outubro.[4] O 12 de decembro o grupo realizou un concerto segredo para lanzar a súa xira diante de 300 fans no Wilton's Music Hall, Londres.

O 12 de xaneiro de 2007 o grupo lanzou o segundo sinxelo, "Kingdom of Doom", que se converteu no seu primeiro sinxelo en entrar no Top 20. O 2 de abril de 2007 apareceu o seu terceiro sinxelo, "Green Fields", que chegou ao número 51 na súa primeira semana.

The Good, the Bad & the Queen editou o seu álbum autotitulado de estrea o 22 de xaneiro de 2007.[5] Foi votado pola Observer Music Magazine como mellor álbum de 2007. Nese momento, Albarn dixo que The Good The Band And The Queen era o título do álbum e non o da banda, indicando que o grupo non tiña nome.[3] Simonon dixo: "non bautizamos propiamente á banda, porque un nome é para un matrimonio".[6]

Albarn dixo que o grupo "terminara permenentemente" en 2007; porén, reuniuse para actuar no carnaval Love Music Hate Racism en 2008.[7] Tong e Simonon apareceron no seguinte proxecto de Albarn, o álbum de Gorillaz Plastic Beach (2010), e participaron na xira do disco. En novembro de 2011, The Good, the Bad & the Queen realizou un concerto no Coronet Theatre de Londres polo 40 aniversiario de Greenpeace, sendo a primeira vez que tocaba en case tres anos.[8] Allen e Tong apareceron na banda sonora de Albarn para a ópera Dr Dee (2012) e Allen colaborou novamente con Albarn no álbum de 2012 Rocket Juice & the Moon.[9]

Reunion e Merrie Land[editar | editar a fonte]

En outubro de 2014 Albarn anunciou que fora composto un novo álbum e que estaba agardando para gravalo.[10] En abril de 2017, nunha nova entrevista con Q, informouse de que aínda se estaba preparando un novo álbum pero que os recentes eventos causaran que o grupo comezase de novo. Albarn dixo a Q que o Brexit "lles dera un marabilloso punto de partida".[11]

Tras un intervalo de sete anos dende que os membros do grupo tocaran por última vez xuntos en 2011, a banda lanzou o tema "Merrie Land" do seu segundo álbum do mesmo nome o 23 de outubro de 2018 coa publicación do seu vídeo musical en YouTube. Posteriormente fixeron a súa primeira aparición pública en sete anos tocando a canción no programa Later…With Jools Holland on30 de outubro de 2018.[12] O 5 de novembro de 2018 interpretaron o segundo sinxelo, "Gun to the Head", no mesmo programa.[13]

O 17 de outubro de 2018 a banda anunciou o seu segundo álbum, Merrie Land, producido por Tony Visconti. Foi editado o 16 de novembro, cando “xurdiron as circunstancias axeitadas", a través do novo selo Studio 13 creado por Albarn.[14][15] Este álbum foi descrito por Albarn como “unha reticente carta de despedida” respostando ao proceso do Brexit que se estaba a producir e a "unha serie de observacións e reflexións sobre o carácter británico en 2018".[16]

A banda realizou o seu primeiro concerto para este traballo en Tynemouth o 26 de novembro de 2018, sendo o inicio dunha xira de oito datas polo Reino Unido. Despois a banda comezou unha xira europea dende marzo ata agosto de 2019. O 16 de agosto de 2019, no derradeiro concerto da xira de promoción do álbum no Lowland Festival, Albarn díxolle á audiencia: "Este é o noso derradeiro concerto. Despois disto, puf. Feito".[17] Allen morreu en abril de 2020.[18]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
The Good, the Bad & the Queen 2007 Parlophone
Merrie Land 2018 Studio 13

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Damon Albarn forms new band". NME (en inglés). 2006-07-28. Consultado o 2021-04-21. 
  2. 2,0 2,1 "Songs of experience". www.telegraph.co.uk. Consultado o 2021-04-21. 
  3. 3,0 3,1 "Damon Albarn launches new band with tiny pub gig". NME (en inglés). 2006-10-21. Consultado o 2021-04-21. 
  4. Uncut (novembro de 2006, pp. 86-88)
  5. "The Good, The Bad & The Queen: The Good, The Bad & The Queen". NME (en inglés). 2007-01-12. Consultado o 2021-04-21. 
  6. "2007: The best 50 albums". The Guardian (en inglés). 2007-12-09. Consultado o 2021-04-22. 
  7. "The Good, The Bad And The Queen reforming after secret split". NME (en inglés). 2008-04-24. Consultado o 2021-04-22. 
  8. BlurBalls. "Damon Albarn to revive The Good, The Bad and The Queen for Greenpeace charity gig". BlurBalls - Latest Blur, Gorillaz, Damon Albarn and Graham Coxon news. Consultado o 2021-04-22. 
  9. "Rocket Juice and the Moon: Rocket Juice and the Moon". pastemagazine.com (en inglés). 2012-03-22. Consultado o 2021-04-22. 
  10. Minsker, Evan. "Damon Albarn Prepping New Gorillaz and the Good, the Bad & the Queen Albums". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2021-04-23. 
  11. "Damon Albarn is working on The Good the Bad & the Queen's long-awaited new album". Consequence (en inglés). 2017-04-10. Consultado o 2021-04-23. 
  12. "Watch The Good, The Bad & The Queen make their live return on 'Later...With Jools Holland'". NME (en inglés). 2018-10-31. Consultado o 2021-04-23. 
  13. Sodomsky, Sam. "Damon Albarn’s The Good, the Bad & the Queen Share New Song “Gun to the Head”: Listen". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2021-04-23. 
  14. "The Good The Bad & The Queen to release new album, Merrie Land, in November". Consequence (en inglés). 2018-10-19. Consultado o 2021-04-23. 
  15. Webber, Darryl (2018-11-08). "Damon Albarn talks about how Brexit inspired his new album". EssexLive (en inglés). Consultado o 2021-04-23. 
  16. "Damon Albarn's band The Good, The Bad & the Queen announce new Brexit-inspired album and Glasgow date". www.scotsman.com (en inglés). Consultado o 2021-04-23. 
  17. "Damon Albarn says The Good, The Bad & The Queen have played their "last gig" at Lowlands Festival". NME (en inglés). 2019-08-16. Consultado o 2021-04-23. 
  18. "Tony Allen, legendary drummer and Afrobeat co-founder, dies aged 79". the Guardian (en inglés). 2020-05-01. Consultado o 2021-04-23. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]