The Verve
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| The Verve | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | Wigan, Inglaterra |
| Período | 1990 – 1995 1997 – 1999 2007 – 2009 |
| Xénero(s) | rock alternativo, britpop, shoegazing, neo-psychedelia, space rock |
| Selo(s) discográfico(s) | EMI, Hut Records, Virgin Records, Parlophone, Vernon Yard |
| Membros | Richard Ashcroft Nick McCabe Simon Jones Peter Salisbury Simon Tong |
| Antigos membros | |
| Web oficial | http://www.theverve.co.uk/ |
The Verve foi unha banda inglesa de rock alternativo formada en Wigan no ano 1990. Fundárona o vocalista Richard Ashcroft, o guitarrista Nick McCabe, o baixista Simon Jones e o batería Peter Salisbury. Simon Tong uniríase a eles máis tarde. Comezou facendo un son psicodélico con influencias do shoegazing e do space rock, e a mediados dos 90 o grupo xa levaba editados varios EPs e tres álbums. O seu éxito comercial chegou en 1997 co seu traballo Urban Hymns e o seu sinxelo "Bitter Sweet Symphony". Pouco despois, en abril de 1999, separáronse debido a conflitos internos. A formación orixinal reuniuse en xuño do ano 2007, comezando unha xira e editando o álbum Forth en agosto de 2008. No 2009 a banda volvería a separarse.
Discografía [editar]
- A Storm in Heaven - 1993 (Vernon Yard, Hut, Virgin)
- A Northern Soul - 1995 (Vernon Yard, Hut)
- Urban Hymns - 1997 (Hut, Virgin))
- Forth - 2008 (Parlophone, On Your Own Records, EMI)
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Páxina oficial (en inglés)