Teresa Forcades

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTeresa Forcades

Teresa Forcades i Vila
Biografía
Nacemento(ca) Teresa Forcades i Vila Editar o valor em Wikidata
10 de maio de 1966 (57 anos)
Barcelona Cataluña Cataluña
Datos persoais
País de nacionalidadecatalá
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Barcelona
Universidade Harvard
Universidade de Cambridge
Harvard Divinity School (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Coñecido porpola súa posión sobre o feminismo e sobre o movemento independista catalán.[1]
Actividade
Campo de traballoMedicina e teoloxía Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Cataluña Editar o valor em Wikidata
OcupaciónMedicina, Teóloga e monxa beneditina
Partido políticoProcés Constituent a Catalunya Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá, lingua castelá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaOrde de San Bieito Editar o valor em Wikidata
Participou en
2015Freedom Flotilla III (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm2579353 Dialnet: 2516080 Editar o valor em Wikidata


Forcades.

Teresa Forcades i Vila, nada en Barcelona o 10 de maio de 1966, é unha médica, teóloga e monxa beneditina catalá. É coñecida pola súa posición feminista e as súas opinións críticas coa actuación das multinacionais farmacéuticas.[2] Foi inhabilitada en 2023 para a práctica da medicina polo Colexio de Médicos de Barcelona[3] por promover o uso do MMS (clorito de sodio, co que se orixina dióxido de cloro, unha especie de lixivia)[4] como terapia, substancia prohibida para uso humano pola Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios (AEMPS).[5]

É unha das promotoras, xunto con Arcadi Oliveres, do movemento independentista Procés Constituent a Catalunya.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Teresa Forcades naceu na Vila de Gràcia, no seo dunha familia con raíces en Tarragona e Solsona. É licenciada en Medicina pola Universidade de Barcelona en 1990. En 1992 trasladouse ós Estados Unidos onde completou a residencia en medicina e conseguiu o título de especialista en Medicina interna en 1995. Tras obter unha bolsa da Universidade Harvard coa axuda de E. Schußler Fiorenza, trasladouse a Cambridge. Alí graduouse como máster Divinitas cunha tese sobre as implicacións filosóficas e os retos do diálogo multicultural, en relación ás teorías de C. Taylor e H.G. Gadamer (1997).[6]

Dende 1997, ano no que entrou no mosteiro beneditino de Sant Benet (Barcelona), combinou as súas tarefas monásticas co estudo da medicina e a teoloxía: obtivo o doutoramento en Saúde Pública na Universidade de Barcelona coa súa análise dos retos e das oportunidades asociados á introdución das chamadas medicinas alternativas no currículo das facultades de medicina (2004). En 2005 tamén obtivo a licenciatura en teoloxía fundamental, cunha tese sobre a Trindade e a noción de liberdade persoal en G. Greshake e I. Zizioulas (2005).[7]

Teoloxía feminista[editar | editar a fonte]

En 2007 Teresa Forcades publicou o libro La teologia feminista en la història, no que sitúa a teoloxía feminista no marco das teoloxías críticas ou da teoloxía da liberación, facendo unha revisión histórica das mulleres que ó longo da historia viviron a contraposición entre o discurso teolóxico sobre as mulleres e a experiencia de Deus de cada muller.

Ademais Teresa Forcades foi vicepresidenta da European Society of Women in theological Research(ESWTR) entre 2009-2011 e tesoureira de 2011 a 2013.[8]

Asemade, defende que as parellas homosexuais poidan adoptar e criar nenos. Partindo de que o modelo patriarcal predominante en Occidente fomenta os roles de xénero dende o nacemento, Forcades defende que a socialización en familias monoparentais e homosexuais non vai en detrimento do crecemento, posto que o único que afecta á persoa é a calidade do amor que se lle dá, cada persoa é un ser único cun carácter individual que lle deu Deus ou a natureza e que é independente do seu xénero.[9]

Gripe A[editar | editar a fonte]

En outubro de 2009, Teresa Forcades publicou un vídeo titulado Campanas por la gripe A no que denunciaba o que ó seu xuízo eran múltiples deficiencias na xestión da pandemia de Gripe A (H1N1) de 2009, criticando á OMS, a fiabilidade e a seguridade da vacina que sería distribuída masivamente, e ós laboratorios farmacéuticos encargados do seu desenvolvemento. O vídeo foi amplamente visualizado en diversos portais de Internet e comentado en varios medios de comunicación como unha postura que discordaba das posturas predominantes na comunidade científica, en base ás cales se tomaran importantes medidas gobernamentais.[10] e que avalaban a súa seguridade.[11]

Nas semanas seguintes o vídeo foi obxecto de crítica por parte das autoridades sanitarias e dalgúns medios de comunicación. Entre outros Pedro Alonso, investigador da vacina contra a malaria, quen declarou no xornal El País que era irresponsable dubidar da utilidade das vacinas tratándose dun dos maiores logros da historia da medicina.[12] Unha crónica posterior de El País dixo que o vídeo era un embuste.[13] Pouco despois, no mesmo diario e como resposta ás queixas recibidas, a defensora do lector criticou o tratamento que os autores desa crónica deron ao tema en canto a forma e contido, e engadiu que o artigo mostraba unha belixerancia e un apriorismo que casan mal coa obxetividade e non mostraba a versión de Forcades. A isto o autor contestou que "se non recollemos tamén a versión de Forcades foi porque non contestou á nosa insistente petición." e que "o obxectivo non é a neutralidade, si a honestidade e o rigor. Non seriamos equidistantes nun debate entre o darwinismo e o creacionismo; ou entre a ciencia e a superstición. Se a expresión "monja-bulo" parece a moitos pouco respectuosa, pedimos desculpas. Pero manteño que, desde o rigor, tiñamos que desmontar a trola desa mensaxe chamando á poboación a evitar vacinarse".[14]

Promoción do clorito de sodio e inhabilitación[editar | editar a fonte]

Teresa Forcades defendeu reiteradamente o uso como medicamento do clorito de sodio (tamén coñecida como MMS, do que se obtén un tipo de lixivia usada para blanquear téxtiles, porque en contacto con ácidos orixina dióxido de cloro[15]), ao que atribúe supostas propiedades terapéuticas antivíricas e antiinflamatorias, alegando estudos que non se consideran aceptables segundo o procedemento científico estándar. O produto é considerado tóxico e unha pseudoterapia e o seu uso en humanos está prohibido pola Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios (AEMPS). Por esta razón foi inhabilitada en 2023 para o exercicio da Medicina durante 18 meses polo Colexio de Médicos de Barcelona. Tanto a AEMPS coma o Servizo de Farmacoloxía do Hospital Vall d'Hebron, non dan valor aos estudos clínicos en que se basea Forcades.[16][17][18] O Colexio de Médicos de Barcelona di no seu expediente que "esta divulgación fíxoa na súa condición de médica, aproveitando a autoridade que esa condición lle atribúe, conducindo ao equívoco e xerando falsas expectativas na sociedade, sobre todo en persoas que poden ser especialmente vulnerables polas enfermidades que sofren" e engadiu que a súa actitude era contraria ao Código Deontolóxico e "contraria á boa fe, mantendo un discurso que, ademais de falto de rigor científico, pode xerar un grave risco para a saúde dos cidadáns que sigan a información indocumentada que facilita".[19] A Asociación Autismo España, a Federació Autisme Catalunya e a Federació Catalana d’Autisme expresaron a súa "satisfacción" pola noticia da súa inhabilitación e denunciaron "a ineficacia e ilegalidade do clorito de sodio no tratamento do autismo", corroborado polo Instituto de Investigación de Enfermidades Raras, pertencente ao Instituto de Saúde Carlos III.[20] Tamén foi acusada pola fiscalía de receitar produtos prohibidos, pero saíu absolta.

Obra[editar | editar a fonte]

Libros[editar | editar a fonte]

(2005). ISBN 84-8415-750-4. (en catalán)

Artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 tv3.cat (10 de abril de 2013). "Teresa Forcades i Arcadi Oliveres entren en política" (video) (en catalán). Consultado o 11 de xaneiro do 2016. 
  2. Teresa Forcades i Vila. cristianismeijusticia.net, ed. ""Los crímenes de las grandes compañías farmaceúticas"" (PDF) (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de marzo de 2016. Consultado o 11 de xaneiro do 2016. 
  3. Redacción Médica La monja Teresa Forcades, inhabilitada 18 meses por el Col·legi de Metges. Ha sido expedientada por ejercer la Medicina para defender las propiedades antinflamatorias del clorito de sodio
  4. C. B. (19/12/2018). "La otra cruzada de la monja 'indepe': curar enfermedades... con la terapia de la lejía". El Confidencial. 
  5. Ultima Hora - Noticias Inhabilitan a la monja y doctora Teresa Forcades por hacer divulgación del clorito de sodio. El compuesto está prohibido por la Agencia Española de Medicamentos y Productos Sanitarios
  6. Páxina de Teresa Forcades i Vila, en www.benedictinescat.com
  7. "extraído desta páxina gobernamental que contén unha pequena biografía de Forcades". Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2011. Consultado o 19 de novembro de 2010. 
  8. "Pasado". www.eswtr.org. Consultado o 2 de maio de 2019. 
  9. www.diarioinformacion.com, ed. (13/11/2010). "La monja Forcades defiende que parejas homosexuales puedan tener hijos". Consultado o 26/01/2011.  (en castelán)
  10. www.elmundo.es, ed. (07/10/2009). "Una benedictina contra la vacuna de la gripe A". Consultado o 19/11/2010.  (en castelán)
  11. SAHUQUILLO, M.R. (05/01/2010). www.elpais.com, ed. ""Llevamos años preparándonos para una pandemia como ésta"". Consultado o 19/11/2010.  (en castelán)
  12. FERRADO, M.L. (27/10/2009). www.elpais.com, ed. "Vacuna de la malaria para el 2011". Consultado o 19/11/2010.  (en castelán)
  13. SAHUQUILLO, M.R.; BENITO, E. de (01/11/2009). www.elpais.com, ed. "Desmontando a la monja-bulo". Consultado o 19/11/2010.  (en castelán)
  14. PÉREZ OLIVA, M. (08/11/2009). www.elpais.com, ed. "La monja y las teorías de la conspiración". Consultado o 19/11/2010.  (en castelán)
  15. Commissioner, Office of the (20 de decembro de 2019). "Peligro: No beba la solución mineral milagrosa o productos similares". FDA (en inglés). Consultado o 16 de agosto de 2020. 
  16. "El Colegio de Médicos de Barcelona inhabilita 18 meses a Teresa Forcades por defender las pseudoterapias". elDiario.es (en castelán). 2023-04-13. Consultado o 2023-11-14. 
  17. 20minutos (2023-04-14). "La monja y doctora Teresa Forcades, inhabilitada 18 meses como médica por recetar el clorito de sodio para el cáncer". www.20minutos.es - Últimas Noticias (en castelán). Consultado o 2023-11-14. 
  18. Mouzo, Jesús García Bueno, Jessica (2023-04-13). "La monja Teresa Forcades, inhabilitada 18 meses como médica por hablar del clorito de sodio". El País (en castelán). Consultado o 2023-11-14. 
  19. "Inhabilitada la monja y doctora Teresa Forcades por defender el clorito de sodio (prohibido para el uso humano)". www.lasexta.com (en castelán). 2023-04-14. Consultado o 2023-11-14. 
  20. "Autismo España aplaude la inhabilitación de la monja Teresa Forcades por defender el uso del clorito de sodio". Servimedia (en castelán). 2023-04-20. Consultado o 2023-11-14. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Sobre Teresa Forcades
Sobre gripe A e os abusos da industria farmacéutica
Sobre teoría feminista